Na praia das Eiras do Rosal, celebrouse a segunda proba puntuable para o Open Galego de MINI BTT; nunha nova xornada con moita participación , os corredores e corredoras da Escola de Ciclismo JA HERMIDA de Maceda, completaban unha gran xornada, unha vez máis.
Tanto Martin Garrido ,2º como Aixa Gonzalez 2ª subian a podium na categoría de promesas. En principiantes era Aida Gonzalez a que vencia. En Alevins, tamén vencia Ivan Feijoo , e na categoria de Infantis Desiree Duarte 1ª e Xiana Conde 2ª acadaban o doblete. Foi unha bonita xornada para todos os integrantes da Escola, que acudiron a participar nesta proba.
Clasificacions completas : http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/772_clasificacion%20Excel%20Monte%20de%20Eiras02.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario