De novo os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA, completaron unha gran xornada na 3ª proba puntuable para a Copa de España de BTT 2011 no centrico parque Moret, en Huelva. En junior, PABLO RODRIGUEZ, consolidou o seu liderazgo a fronte da Copa de España , vencendo con absoluta autoridade, nun circuito moi técnico , e que se preveia moi embarrado , pero que o final estaba seco xa que a as previsións de auga non se cumpriron. Pablo , marcou o ritmo dende a liña de saida e volta a volta foi aumentando a diferencia, ata chegar a meta con 1´47 sobre o seu rival , o andaluz Antonio Santos. Pena da averia sufrida , a 50 mts da saída por SAUL LOPEZ, que viña de facer 3º na proba de Menorca, e que tivo que retirarse, como consecuencia da averia; DAVID RODRIGUEZ rematou 18º na mesma categoria.
En Cadetes, MARCOS VILLAR , era 5º, completando unha gran carreira, estando en todo momento moi perto das posición de podium, para rematar nunha meritoria 5ª posición. IVAN CONDE , no seu primer ano como cadete , remataba entre os 20 primerios sendo 19º. En Elite Pro JOSE R. VILLANUEVA era 42º (16 º sub 23) e IAGO GARCIA 50º (19º sub 23).
No hay comentarios:
Publicar un comentario