
Extraordinaria actuación a do junior macedán do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, a PABLO RODRIGUEZ GUEDE na proba da COPA DO MUNDO na localidade alemana de Offenburg. Pablo entraba no top ten nunha proba da Copa do Mundo , e era 9º, despois dunha grandisima carreira, na que participaban máis de 120 corredores; Pablo que partia dende a posición 12º da grella de saída ,e xa na primeira volta pasaba entre os 10 primeiros; o ritmo era alto nun circuito técnico e cheo de raices que non permitía fallos, e o que Pablo adaptábase perfectamente. As distancia coa cabeza de carreira eran pequenas, e asi se mantivo ao longo das 4 voltas, pelexando polos postos 8 e 9º pero a escasos 30 segundos dos 5 primeiros. Ao final 9º e moi ledo nesta súa segunda proba da Copa do Mundo nesta tempada, na que tantos exitos esta acadando. Este posto o situa entre os millores juniors do panorama mundial , a este xoven corredor formado na Escola de ciclismo JA HERMIDA; Agora so lle resta rematar a Copa de España da que queda unha proba e vai lider para centrarse xa nos campionatos de España e as probas da Copa do Mundo que seran previas ao mundial que se celebrará no primeiro fin de semán de setembro en Suiza.