28 may 2011

PABLO 9º NA COPA DO MUNDO DE OFFENBURG


Extraordinaria actuación a do junior macedán do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, a PABLO RODRIGUEZ GUEDE na proba da COPA DO MUNDO na localidade alemana de Offenburg. Pablo entraba no top ten nunha proba da Copa do Mundo , e era 9º, despois dunha grandisima carreira, na que participaban máis de 120 corredores; Pablo que partia dende a posición 12º da grella de saída ,e xa na primeira volta pasaba entre os 10 primeiros; o ritmo era alto nun circuito técnico e cheo de raices que non permitía fallos, e o que Pablo adaptábase perfectamente. As distancia coa cabeza de carreira eran pequenas, e asi se mantivo ao longo das 4 voltas, pelexando polos postos 8 e 9º pero a escasos 30 segundos dos 5 primeiros. Ao final 9º e moi ledo nesta súa segunda proba da Copa do Mundo nesta tempada, na que tantos exitos esta acadando. Este posto o situa entre os millores juniors do panorama mundial , a este xoven corredor formado na Escola de ciclismo JA HERMIDA; Agora so lle resta rematar a Copa de España da que queda unha proba e vai lider para centrarse xa nos campionatos de España e as probas da Copa do Mundo que seran previas ao mundial que se celebrará no primeiro fin de semán de setembro en Suiza.
Na mesma xornada , os seus companerios de equipo acudían a Cambre para participar nunha nova proba do OPEN GALEGO, colleitando victorias por medio de Saul López. outro dos mellores junior españois, e Marcos Villar en Cadetes, con podiuns de David Rodriguez 2º en juniors, Ivan Conde 3º en Cadetes , e Xulio Conde 3º en M-40. Asi pois , un dia para lembrar para este clube.

26 may 2011

PABLO ACUDE ESTE FIN DE SEMÁN A COPA DO MUNDO DE OFFENBURG



Pablo , acude este fin de semán a unha proba da Copa do Mundo de BTT , a segunda este ano, formando parte da selección española de BTT . A cita será esta vez na localidade alemana de Offenburg, o sábado a partir da 12 horas. O corredor do ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, que tan boa actuación tivo a semán pasada na proba de Dalby Forest, na que rematou 11º , partiu coa intención de voltar a Maceda, con un posto que o situe entre os 10 primeiros. Este xoves, a súa chegada a Alemaña , xa poderá adestrar nun circuito que xa coñece, xa que será o segundo ano que corre nesta carreira.

22 may 2011

PABLO 11º NA COPA DO MUNDO DE DALBY FOREST


Pablo Rodriguez do ACADEMIA POSTAL -ACTYON- MACEDA , ven de acadar na segunda proba puntuable para a COPA DO MUNDO de BTT ,na localidade inglesa de DALBY FOREST, unha gran 11ª posición , despois de estar loitando toda a carreira entre os 10 primeiros;
Tal como nos relataba Pablo ao remate da proba: " salin dende a 2ª fila situeime entre os 7-8 primeiros dende o principio e abriase un oco entre eu e os de diante, pasando a 12 segundos da cabeza na segunda volta. Na terceira volta chegaba por primeira vez a cabeza dunha Copa do Mundo, e nese momento producíase un ataque no grupo que non poiden respostar , acusando o esforzo , e perdendo algunha posición ata quedar 11º, pero entrando o sprint polo 9º posto. Quedaseme clavada a espina do top ten, pero a seman que ven haberá a rebancha en Alemania, nunha nova cita coa Copa do Mundo"
Asi pois, Pablo que acudia a esta cita formando parte da selección española , amosaba o seu gran nivel , nunha proba como e unha Copa do Mundo.
Hoxe tocalle o turno a J. Antonio Hermida, na carreira da categoria Elite.


OPEN GALEGO EN ARTEIXO


Nunha tarde fresca, e nun circuito moi técnico , na localidade coruñesa de Arteixo, tiña lugar unha nova cita do OPEN GALEGO DE BTT ; e de novo os integrantes do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA , completaban unha gran xornada , e vencián en tres das categorias. Asi Marcos Villar era 1º en cadetes con Ivan Conde en 3º posto. En juniors Saul López vencia con David Rodriguez 2º, e en master 40 chegaba a terceira victoria da xornada de man de Xulio Conde. Con estes resultados , Saul Lopez sigue como lider do Open en categoria Junior, na mentras que J. Ramón Villanueva perdia o lider na categoria Elite, ao non poder rematar a carreira, victima dunha caida.

MINI BTT O ROSAL


Na praia das Eiras do Rosal, celebrouse a segunda proba puntuable para o Open Galego de MINI BTT; nunha nova xornada con moita participación , os corredores e corredoras da Escola de Ciclismo JA HERMIDA de Maceda, completaban unha gran xornada, unha vez máis.
Tanto Martin Garrido ,2º como Aixa Gonzalez 2ª subian a podium na categoría de promesas. En principiantes era Aida Gonzalez a que vencia. En Alevins, tamén vencia Ivan Feijoo , e na categoria de Infantis Desiree Duarte 1ª e Xiana Conde 2ª acadaban o doblete. Foi unha bonita xornada para todos os integrantes da Escola, que acudiron a participar nesta proba.

19 may 2011

PABLO ACUDE ESTE SABADO A COPA DO MUNDO DE DALBY FOREST


O junior macedán Pablo Rodríguez ,acudirá este fin de semán , formando parte da selección española de BTT , a localidade inglesa de Dalby Forest , para participar na proba puntuable para a Copa do Mundo de BTT. Pablo , que esta a completar unha gran temporada , na que vai lider da Copa de España de BTT despois de ter vencido en tres das 4 probas disputadas, acude a esta cita coa intención de acadar unha boa posición entre a elite mundial de BTT. A proba disputarase o sábado a partires das 10:30 horas, nunha xornada na que se prevee tempo seco.
A xornada do sábado preveese intensa para o CC MACEDA, xa que os máis pequenos e pequenas ,da Escola JA HERMIDA, acudirán a participar nunha nova proba do OPEN GALEGO DE MINI BTT na localidade pontevedresa de O Rosal, na mentras que os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, estarán na localidade coruñesa de Arteixo , nunha nova cita do OPEN GALEGO DE BTT ,a que os corredores J. Ramón Villanueva ,e Saúl Lopez , chegan como lideres da categoria Elite e Junior respectivamente.

17 may 2011

J. RAMON VILLANUEVA VENCEDOR NA XERAL DA TRANSGALAICA


A ponte da Letras Galegas , pechábase coa última proba puntuable para a TRANSGALAICA , que este ano contaba con tres puntuables e que se pechaba coa cita deste 17 de maio en Sanxenxo. Na proba vencia Enrique Salgueiro, corredor profesional de estrada , en Portugal . Pero a clasificación xeral , estaba entre J.RAMON VILLANUEVA e Alejandro Magallanes. Finalmente, era o corredor do ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MACEDA o que se facía coa victoria final grazas o 10º posto acadado , nunha proba na que o nivel era moi alto, xa que eran varios ciclistas exprofesionais os que copaban as primerias posicions.