13 may 2012
VICTORIA DO ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA EN GONDOMAR
Destacada actuación do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , na terceria proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT, na localidade pontevedresa de Gondomar, nunha xornada marcada polo intenso calor. Varios foron os corredores que subiron ao podium nas diferentes categorias. Destacar a carreira de Cadetes , en que IVAN CONDE e RAUL GONZALEZ acadaron un doblete o facer 1º e 2º, o que lle valeu a Ivan para afianzarse como lider da Xeral. En M40 , Xulio foi 3º . Na carreira de Elites, SAUL LOPEZ mantivo unha intensa loita toda a carreira con Alberto Pedreira , que finalmente se decantou para o corredor do Biciverde nos ultimos metros. Saul entraba 2º, a escasa distancia, co que manten todas as suas opcións na loita polo posto de lider da Xeral. O seu compañeiro de equipo, e ata onte lider do Open, Jose Ramon Villanueva, debeu abandonar por problemas mecanicos. A gran victoria da xornada , chegaba , na carreira por relevos, na que o clube macedán , nunha emocionate e intensa carreira vencía diante do Bici Verde de Vigo e do Monforte. Asi pois , gran xornada, nunha carreira na que ata 9 corredores do noso clube participaron na proba ,a pesar das distintas baixas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario