Maña, festividade das Letras Galegas, comeza a temporada de MINI BTT na localidade coruñesa de Arteixo, coincidindo coa IV proba puntuable para o OPEN GALEGO DE BTT XC de Arteixo. Asi pois , xornada intensa para o CC Maceda, que desprazará ata Arteixo, @s corredores/as tanto da súa Escola de Ciclismo JA HERMIDA como os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA.
A actividade comezará as 10:30 horas con MiniBTT , para as categorias de Principiantes, Alevins e Infantis, e continurá a tarde a partir das 16:30 horas coas carreiras para as categorias de Cadetes, Juniors, Elite, Senior e Masters.
Destacar , que a esta IV proba do Open Galego de BTT , chega Ivan Conde como lider da categoria cadete, acudíndo a proba coa intención de consolidalo con unha nova victoria. Seu compañeiro de categoria , pelexará por subir de novo ao podium , despois de pisalo por primeria vez o pasado fin de semán. Na categoría raiña, Saul Lopez, tentara acadar unha victoria por primeira vez nesta tempada despois de ter sido 2º nas duas probas anteriores.
Asi pois , interesante xornada a que se presenta en Arteixo para toda a familia do CC Maceda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario