24 may 2012
O DOMINGO COPA DE ESPAÑA BTT XC EN TOLEDO
Este fin de semán o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MERIDA, desprazarase ata a localidade toledana de Yepes, onde se vai a celebrar a 3ª proba puntuable para a Copa de España. As carreiras celebraranse na matinal do domingo, sendo as 10 horas as carreiras de cadetes , feminas e master, e as 11:30 as de Elite Sub23 e Junior. Os corredores de Maceda, que parten este sábado cara Yepes, tentaran meterse entre os 10 primeiros nas categoria nas que participan. Saul Lopez, que tan boa tempada esta a realizar, e que vai 10º na Xeral da Copa de España en sub 23, pelexara de novo por repetir o resultado de Bejar, no que fora o 7º entre os Sub 23. En Juniors, destacar a volta de Marcos Villar a unha proba da Copa de España , despois de terse recuperado da sua rotura de femur, en plena tempada de ciclocross. En Cadetes participaran Ivan Conde , Raul Gonzalez e Sergio Movilla na categoria masculina, en tanto que e dubida a femina Xiana ,que se atopa recuperando dun golpe.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario