Jose Ramon, sufria incluso ,mediada a carreira un percanze técnico , que lle facia perder posicións, obrigandoo de novo a ter que remontar, pero amosou estar en boa condición física, marcando incluso na última volta o 7º millor tempo da xeral e o millor entre os Sub23, demostrando ser un dos corredores que mais forte remataba a carreira. Ao remate da proba , amosaba a súa satisfación ca carreira, neste seu 2º ano na categoria, e no que continua a progresar ao mesmo ritmo que na temporada pasada.
Saúl , que corría a súa 3ª carreira como Sub 23 en BTT, e a primeira a nivel estatal, desmostraba que de agora en diante vai ser un dos Sub23 a ter en conta neste pais, e xa era capaz de enfrentarse cos millores.
Asi pois , a satisfación , de ambos ao remate da proba foi grande por este inicio de Open. A seguinte proba do Open, sera o 25 de abril en Vigo.
En Cadetes, ante a ausencia de Ivan Conde, que se tiña que quedar na casa con fiebre, a presencia macedá corría a cargo de Raul Gonzalez e Sergio Movilla, que acudía por primeira vez a unha cita do Open de España. Raul , finalizaba o 21º, con problemas na cadea, que lle restaron algun posto na clasificación. Sergio, era o 33º .En Feminas Cadete/junior , Xiana Conde non podia finalizar ao sufrir dous pinchazos. Comentar con respecto a esta categoria, a nosa disconformidade con que as cadetes carezan de clasificacion xeral no Open, e que se vexan obrigadas a competir coas corredoras junior.
Para rematar, en Master 30 , Jose Manuel Ramos era o 25º e en Master 40, Xulio Conde o 12º.
Clasificacións completas: http://rfec.trackglobe.com/noticias/adjuntos/Clasificacion%20XC%20B%C3%A9jar%202012.pdf
Clasificacións completas: http://rfec.trackglobe.com/noticias/adjuntos/Clasificacion%20XC%20B%C3%A9jar%202012.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario