O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, colleita un
total 4 podiums na 2ª proba puntuable para o Open Galego de BTT XCO , celebrada
este fin de semán na localidade pontevedresa de Poio, situando ademais a JOSE
RAMON VILLANUEVA como lider na categoria Elite e a IVAN CONDE como lider na
categoria de Cadete. Asi, pois , extraordinario balance para o clube Macedan
nesta proba.
Na categoría Elite, SAUL LOPEZ, era 2º despois
de manter unha dura pugna con Alberto Pedreira, e decidirse a carreira nos
metros finais. Na mesma categoria , JOSE RAMON VILLANUEVA, era 5º , o que lle
valia para situarse como lider do Open Galego de BTT , na categoria
Elite.
En cadetes, o corredor macedan IVAN CONDE vencia
con autoridade, e situabase tamen lider da categoria, vestindo o maillot branco
que o acredita como lider. Na mesma categoria RAUL GONZALEZ era 4º , quedando
as portas do podium. En Feminas, XIANA CONDE era tamén 2ª ,detras de Desiree
Duarte. O ultimo podium conseguido era en M-40 con Xulio Conde como 3º.
Clasificacións completas da proba: http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/957_C%20GENERAL.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario