16 abr 2012

JOSE RAMON 2º NO BTT XCO DE DIVERLANHOSO EN PORTUGAL


O corredor sub 23  do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA realizou unha extraordinaria carreira na proba celebrada na localidade portuguesa de Povoa de Lanhoso,  finalizando 2º na proba de Elites, nun circuito espectacular que transcurre polas instalacións do parque multiaventura de Diverlanhoso. Jose Ramon, que partía de posicións retrasadas na grella de saída , enseguida remontou e achegouse a posicións de cabeza de carreira rodando casi toda a carreira en 2º lugar. O xoven corredor do clube macedán esta a amosar un moi bo nivel neste comezo de tempada e asi se viu nesta carreira.
O outro corredor sub 23 , Saul Lopez , que tamén participaba na proba , tivo mala sorte, xa que un pinchazo , cando rodaba en 2º lugar e xa iba máis de media carreira , obrigouno a retirarse, dunha carreira , na que esta a pelexar pola victoria.
A vinderia cita para os integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA ,será o fin de semán que ven na Copa de España de BTT XCO en Vigo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario