18 mar 2012

JOSE RAMON VILLANUEVA 2º EN NIGRAN


Bo comezo para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON- MERIDA de Maceda, na primeira proba do calendario Galego de BTT. Na tarde de onte, sábado ,dabase o pistoletazo de saída a temporada galega de BTT, co VIII Trofeo Concello de Nigrán, proba puntuable tamén para o rankin estatal, o que  fixo que houbese unha gran participación e gran nivel, con varios equipos chegados doutras comunidades. Asi , pois non era facil acceder ao podiums, pero o conxunto macedán cumpriu e voltou amosar o seu bo nivel.
Destacar , a actuación de de JOSE RAMON VILLANUEVA, que era 2º na carreira Elite -Sub 23, nunha carreira con un gran nivel , na que vencia o corredor de Plasencia , Pedro Romero (GR-100 Sports), con Jose Ramon 2º (Academia Postal-Actyon- Merida) e o madrileño Victor Manuel Fernandez (Rotor) 3º. Este segundo posto valialle ademais , para levarse a victoria na categoria de Sub 23.   Jose Ramon , manifestaba o remate da proba, que se había atopado moi ben na carreira, con dubidas o principio, pero que o final foi a mais  , permitindolle  recuperar algunha posición nas últimas voltas e asi entrar 2º, o que constituia un gran resultado para él , e mais nun circuito tan duro e esixente como o de Monteferro.
Nesta mesma carreira, SAUL LOPEZ, que se estreaba nesta categoria , na disciplina de BTT, realizaba unha boa carreira, sendo 7º o final, 3º entre os galegos, a pesares de que a carreira se lle fixo un pouco longa, perdendo algunha posición nas últimas voltas.
Nas categorias inferiores , os resultados para o noso clube foron tamen foron bos, e asi e n cadetes, IVAN CONDE, subía o podium , sendo  2º detras do Zamorano Alvaro Lobato (Trans Chema) e  con Alberto Martins 3º (CC Rias Baixas). Ivan , amosaba un bo nivel; nesta categoría RAUL GONZALEZ , era 7º, e SERGIO MOVILLA 17º. En feminas cadetes, XIANA CONDE, era 4ª , nunca categoria na que tiñan que compartir carreira coas junior. 
Completaron a participación macedan os master, con XULIO CONDE , 3º en Master 40, J.M. RAMOS , 9º en Master 30, e J.M. Gonzalez, 4º en Master 50.
En resumen, tres podium para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , con un JOSE RAMON VILLANUEVA, sobresainte,


No hay comentarios:

Publicar un comentario