15 mar 2012

COMEZAMOS A TEMPORADA DE BTT GALEGA , EN MONTEFERRO


Este sábado comeza para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA de Maceda, a temporada galega de BTT, coa proba que se celebrará na tarde do sábado, a partir das 16 horas, en Monteferro , no concello de Nigran. Esta proba, puntuable para o rankin estatal da disciplina, e unha das xa clásicas do calendario, tanto galego coma estatal, e habitualmente ven contando con unha importante participación tanto de corredores estatais coma portugueses. O noso clube desprazara ata esta proba un total de 12 corredores e corredoras repartidos en varias categorias. Destacar que 5 de ellos seran cadetes e 3 sub 23; entre os cadetes os corredores con máis opcións, están Ivan Conde na categoria masculina e Xiana Conde na Femenina, sen esquecer a Raul Gonzalez, que nas ultimas probas da tempada de Ciclocross , xa viña amosando a súa adaptación a categoria. En Sub 23, estrearase na Categoria, Saul Lopez, que o ano pasado, obtivera o bronce nos campionatos de España Junior , e que nesta carreira tentara acadar unha boa posición na súa primeria carreira de BTT desta tempada . Outro corredor, que a destacar , e o Sub 23 Jose Ramon Villanueva ,que o ano pasado dominou a tempada galega nesta categoría , tanto en Rali como en Maraton, obtendo incluso unha medalla nos campionatos de España , a plata concretamente, na modalidade de Team Realy.
Asi pois, comeza unha nova tempada, con ilusións renovadas para o clube Macedán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario