1 mar 2012

COMEZA UNHA NOVA TEMPADA DE BTT CA TAÇA DE PORTUGAL


Este fin de semán comeza oficialmente unha nova tempada de BTT para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MERIDA , coa sua participación na proba da TAÇA DE PORTUGAL na localidade de Lanhoso, nunha proba de carácter intenacional , e na que están inscritos case que 400 corredores e corredoras chegados de diferentes paises, por ser unha proba incluida no calendario da UCI. Será a primeira proba , de unha temporada , na que se prevee estar presentes nun total de 25 probas , e na que os obxectivos principais serán os Campionatos de España e Galego, asi como Open de España e Taça de Portugal. A plantilla , estara composta por un total de  corredores  repartidos entre as categorías de Cadetes (Ivan Conde, Raul Fernandez e Sergio Movilla) Cadetes Feminas (Xiana Conde) Junior (Marcos Villar e David Rodriguez) e Sub 23 ( Jose Ramón Villanueva, Saul Lopez e Iago Garcia), dirixidos por Xulio Conde. Destacar entre eles ós Sub23, Saul Lopez , 3º nos pasados campionatos de España Juniors ,subcampión Galego e vencedor do Open Galego, J. Ramon Villanueva, prata no Team Relai , con Galicia, Sub Campion Galego Sub23 e vencedor do Open Galego; o junior , nestes momentos recuperandose dunha lesión Marcos Villar, 3º na xeral da Copa de España Cadete e Campión Galego Cadete, o Cadete , Ivan Conde, corredor integrado no Centro de Tecnificación Deportiva, e a incorporación dos Cadetes Raul Fernandez, Sergio Movilla e Xiana Conde , procedentes da ESCOLA JA HERMIDA.
Asi pois , por diante, agarda unha extensa tempada , que terá os seus momentos máis alxidos no mes de Xullo, ca celebración dos Campionatos Galego e de España.

No hay comentarios:

Publicar un comentario