30 mar 2012

ESTE DOMINGO COMEZA O OPEN DE ESPAÑA EN BEJAR


Este fin de semán comezan na localidade Salamantina de Bejar o OPEN DE ESPAÑA DE BTT XC, que este ano contará con 4 probas puntuables (Bejar, Vigo, Toledo e Aviles). Comezan , pois a chegar as citas importantes desta temporada de BTT, para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA. Será un total de 8 os corredores e corredoras do noso clube, os que o na maña do sabado partan cara esta primeira cita do Open de España, repartidos nas categorias de Sub 23 , cadetes e master.
Na categoria de Sub 23 serán Jose Ramon Villanueva , que nestes momentos se atopa situado no posto 21 da clasificación Individual da RFEC do grupo PRO, que encabeza Jose A. Hermida , 4º entre os sub 23, e Saul López, situado no posto 40, 9º entre os Sub 23. Asi pois, boas opcións para os corredores macedáns nesta categoria, con 2 corredores, entre os 10 primeiros Sub 23 do rankin estatal neste momento.
En Cadetes , estarán Ivan Conde, que neste seu 2º año na categoría tentar confirmarse entre os millores a nivel estatal na categoria, pelexando por estar entre os 5 primeiros. Tan acudiran a cita Raul Gonzalez e Sergio Movilla. En Cadetes Feminas , estará Xiana Conde.
En junior , non haberá representación, a espera da recuperación dos corredores Marcos Villar e David Rodriguez aun en fase de recuperación.
Destacar que o ano pasado o conxunto macedán rematou 5º na clasificación xeral por equipos.
Os horarios das competicións serán os seguintes:
Domingo1:
10:00 Master, Cadetes , Feminas (Elite, Junior e Cadete)
12:00 Pro, Junior e Expert.

26 mar 2012

SAUL LOPEZ 7º E J. RAMON VILLANUEVA 9º NA TRANSGALAICA DE SANXENXO

Dous corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MERIDA , remataron entre os 10 primeiros, con Saul Lopez 7º e Jose Ramon Villanueva 9º , na segunda proba puntuable para a TRANGALAICA 2012 celebrada na maña do domingo na localidade pontevedresa de Sanxenxo, e na que participan máis de 300 corredores. Tanto Saul, como Jose Ramon , partian dende posicions moi retrasadas na grella de saída , por non ter participado na primeira proba , por coincidir coa Taça de Portugal, pero aínda asi lograban contactar con cabeza de carreira, ao comenzar a última volta . Ao final pagaron este esforzo e perderon algunha posición na parte final da carreira, pero aínda asi entraban entre os 10 primerios. A proba estivo marcada pola dureza do circuito, no que se debian completar un total de 57 km , e pola calor , que acrecentou a dureza da proba. 
Tanto Saul como Jose Ramon , tiveron, asi pois unha gran actuacíon nesta proba , na modalidade de Maratón.
Completaron a participación macedá , Jose Manuel Ramons (44º) e Xulio Conde (55º) e Antonio Saa , retirado por averia.
Ao final o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA era 3º na clasificación xeral por equipos.
A vinderia cita para o clube macedán sera o proximo fin de semán na localidade salamantina de Bejar, na primeira proba puntuable para a Copa de España de BTT.

VII DUATLON ESCOLAR DE MACEDA

O sábado, tocounos organizar en Maceda, o VII DUATLON ESCOLAR DE MACEDA, un ano máis; nunha  tarde de calor , @s mías peques do clube, puideron disfrutar dunha xornada festiva e deportiva, nunha especialidade distinta a que habitualmente veñen competindo, e na que convinan carreira a pe con ciclismo en estrada. No circuito, xa habitual, na zona do campo de futbol, os integrantes da Escola de Ciclismo JA Hermida, e nunha xornada de calor, acadaron varias victorias e posicións no podium.
Os resultados foron:
Cadetes Masculino
1º Ivan Conde                  Esc. JA Hermida-Maceda
2º Raul Gonzalez              Esc. JA Hermida-Maceda
3º Sergio Movilla              Esc. JA Hermida-Maceda

Infantis Masculino
1º Ivan Feijoo                  Esc. JA Hermida-Maceda
2º Xoan  Iglesias              Esc. Triatlon Maside
3º Roman Saa                  Esc. JA Hermida-Maceda

Infantis Feminas
1ª Andrea Marquina         Esc. Triatlón Maside

Alevíns Masculino
1º David Hermida             Esc. JA Hermida-Maceda
2º Benito Silva                  Esc. Triatlón Maside
3º Jorge Conde                 Esc. Triatlón Maside

Alevíns Feminas
1ª Antía Martínez              Esc. JA Hermida-Maceda

Benxamíns Masculino:
1º Alexandre Alvarez        Esc. Triatlón Maside
2º Martin González           Esc. JA Hermida-Maceda
3º Hugo González             Esc. JA Hermida-Maceda

Benxamins Femeninas
1ª Nayeli Iglesias              Esco Triatlón Maside
2ª Noela Saa                    Esc. JA Hermida-Maceda
3ª Aida Gonzalez              Esc. JA Hermida-Maceda




20 mar 2012

SHERPA PROJECT CO CC MACEDA UN ANO MAIS


Coincidindo co inicio da  temporada Galega de BTT en Monteferro, a xente de SHERPA PROJECT, empresa especializada na consultaría estratéxica e xestión de eventos deportivos e culturais, achegouse ata Monteferro, para facernos unha visita e renovar o seu patrocinio, un ano maís ao equipo Academía Postal-Actyon-Merida. Podedes seguilos a traves da súa web www.sherpaproject.es. Dende aca agradecer o seu apoio.

18 mar 2012

JOSE RAMON VILLANUEVA 2º EN NIGRAN


Bo comezo para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON- MERIDA de Maceda, na primeira proba do calendario Galego de BTT. Na tarde de onte, sábado ,dabase o pistoletazo de saída a temporada galega de BTT, co VIII Trofeo Concello de Nigrán, proba puntuable tamén para o rankin estatal, o que  fixo que houbese unha gran participación e gran nivel, con varios equipos chegados doutras comunidades. Asi , pois non era facil acceder ao podiums, pero o conxunto macedán cumpriu e voltou amosar o seu bo nivel.
Destacar , a actuación de de JOSE RAMON VILLANUEVA, que era 2º na carreira Elite -Sub 23, nunha carreira con un gran nivel , na que vencia o corredor de Plasencia , Pedro Romero (GR-100 Sports), con Jose Ramon 2º (Academia Postal-Actyon- Merida) e o madrileño Victor Manuel Fernandez (Rotor) 3º. Este segundo posto valialle ademais , para levarse a victoria na categoria de Sub 23.   Jose Ramon , manifestaba o remate da proba, que se había atopado moi ben na carreira, con dubidas o principio, pero que o final foi a mais  , permitindolle  recuperar algunha posición nas últimas voltas e asi entrar 2º, o que constituia un gran resultado para él , e mais nun circuito tan duro e esixente como o de Monteferro.
Nesta mesma carreira, SAUL LOPEZ, que se estreaba nesta categoria , na disciplina de BTT, realizaba unha boa carreira, sendo 7º o final, 3º entre os galegos, a pesares de que a carreira se lle fixo un pouco longa, perdendo algunha posición nas últimas voltas.
Nas categorias inferiores , os resultados para o noso clube foron tamen foron bos, e asi e n cadetes, IVAN CONDE, subía o podium , sendo  2º detras do Zamorano Alvaro Lobato (Trans Chema) e  con Alberto Martins 3º (CC Rias Baixas). Ivan , amosaba un bo nivel; nesta categoría RAUL GONZALEZ , era 7º, e SERGIO MOVILLA 17º. En feminas cadetes, XIANA CONDE, era 4ª , nunca categoria na que tiñan que compartir carreira coas junior. 
Completaron a participación macedan os master, con XULIO CONDE , 3º en Master 40, J.M. RAMOS , 9º en Master 30, e J.M. Gonzalez, 4º en Master 50.
En resumen, tres podium para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , con un JOSE RAMON VILLANUEVA, sobresainte,


16 mar 2012

VIDEO D@S PEQUES DA ESCOLA ADESTRANDO

Aca vos deixamos un video do que é unha xornada de "adestramento" c@s peques da Escola JA Hermida. Como vedes o que se pretende e que xoguen e xoguen enriba dunha bici. Os Xoves e Sábados pola tarde, estamos en Maceda, nos arredores do Castelo de Maceda, disfrutando destas xornadas. Podedes acceder o video pulsando neste enlace:

http://www.youtube.com/watch?v=16vnGLhKdeM&list=HL1331899591&feature=mh_lolz

15 mar 2012

COMEZAMOS A TEMPORADA DE BTT GALEGA , EN MONTEFERRO


Este sábado comeza para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA de Maceda, a temporada galega de BTT, coa proba que se celebrará na tarde do sábado, a partir das 16 horas, en Monteferro , no concello de Nigran. Esta proba, puntuable para o rankin estatal da disciplina, e unha das xa clásicas do calendario, tanto galego coma estatal, e habitualmente ven contando con unha importante participación tanto de corredores estatais coma portugueses. O noso clube desprazara ata esta proba un total de 12 corredores e corredoras repartidos en varias categorias. Destacar que 5 de ellos seran cadetes e 3 sub 23; entre os cadetes os corredores con máis opcións, están Ivan Conde na categoria masculina e Xiana Conde na Femenina, sen esquecer a Raul Gonzalez, que nas ultimas probas da tempada de Ciclocross , xa viña amosando a súa adaptación a categoria. En Sub 23, estrearase na Categoria, Saul Lopez, que o ano pasado, obtivera o bronce nos campionatos de España Junior , e que nesta carreira tentara acadar unha boa posición na súa primeria carreira de BTT desta tempada . Outro corredor, que a destacar , e o Sub 23 Jose Ramon Villanueva ,que o ano pasado dominou a tempada galega nesta categoría , tanto en Rali como en Maraton, obtendo incluso unha medalla nos campionatos de España , a plata concretamente, na modalidade de Team Realy.
Asi pois, comeza unha nova tempada, con ilusións renovadas para o clube Macedán.

5 mar 2012

TAÇA DE PORTUGA LDE DIVERLANHOSO


Este domingo, comezou a temporada de BTT para o ACADEMIA POSTAL ACTYON MERIDA, coa proba da Taça de Portugal celebrada no parque de multiaventura de Diverlanhoso, en Povoa de Lanhoso, e na que tomaron a saída máis de 400 bikers repartidos nas diferentes categorias. Nunha xornada que se presentaba chuviosa, no seu inicio, e que logo deu paso a un dia de sol, a sorte non acompañou moito @s integrantes do clube macedán. A xornada comezaba  cedo ca proba de masters, a continuación eran @s cadetes os que comezaban a carreira nun circuito embarrado. Ivan Conde , tiña que retirase por indisposición. Raul completaba unha boa carreira , rematando 24 e apuntando boas maneiras.Sergio, na súa primeira carreira   de BTT era 35. A femina , Xiana era 8ª , tamén na súa estrea na disciplina de BTT. En Elite Sub 23 , nunha parrilla que superaba o centenar de participantes , Jose Ramon Villanueva era 43, con caida incluida. En master 40 Xulio era o 16º.

1 mar 2012

COMEZA UNHA NOVA TEMPADA DE BTT CA TAÇA DE PORTUGAL


Este fin de semán comeza oficialmente unha nova tempada de BTT para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MERIDA , coa sua participación na proba da TAÇA DE PORTUGAL na localidade de Lanhoso, nunha proba de carácter intenacional , e na que están inscritos case que 400 corredores e corredoras chegados de diferentes paises, por ser unha proba incluida no calendario da UCI. Será a primeira proba , de unha temporada , na que se prevee estar presentes nun total de 25 probas , e na que os obxectivos principais serán os Campionatos de España e Galego, asi como Open de España e Taça de Portugal. A plantilla , estara composta por un total de  corredores  repartidos entre as categorías de Cadetes (Ivan Conde, Raul Fernandez e Sergio Movilla) Cadetes Feminas (Xiana Conde) Junior (Marcos Villar e David Rodriguez) e Sub 23 ( Jose Ramón Villanueva, Saul Lopez e Iago Garcia), dirixidos por Xulio Conde. Destacar entre eles ós Sub23, Saul Lopez , 3º nos pasados campionatos de España Juniors ,subcampión Galego e vencedor do Open Galego, J. Ramon Villanueva, prata no Team Relai , con Galicia, Sub Campion Galego Sub23 e vencedor do Open Galego; o junior , nestes momentos recuperandose dunha lesión Marcos Villar, 3º na xeral da Copa de España Cadete e Campión Galego Cadete, o Cadete , Ivan Conde, corredor integrado no Centro de Tecnificación Deportiva, e a incorporación dos Cadetes Raul Fernandez, Sergio Movilla e Xiana Conde , procedentes da ESCOLA JA HERMIDA.
Asi pois , por diante, agarda unha extensa tempada , que terá os seus momentos máis alxidos no mes de Xullo, ca celebración dos Campionatos Galego e de España.