11 ago 2011

MINI BTT MANZANEDA


Este fin de semán celébrase en Manzaneda , e organizado por SHERPA PROJECT, unha proba do calendario galego de MINI BTT, concretamente o sábado a partires das 16:30 horas. Pero non e a única actividade , xa que a xente de Sherpa, programou diferentes e divertidas actividades para todo o fin de semán, tanto para os participantes no MINI BTT , como no no BIKE PARK; O programa é o seguinte:

SABADO 13 DE AGOSTO

Mini BTT Manzaneda Bike Park (16:30 a 19:00)
CatEye Freeride Night Session (21:30 a 22:30)
Freeride nocturno. Non te esquezas de traer as luces de casa !!!!!.
Bike Party (Disco Galleira de 22:00 a 01:30)
O sábado pola noite e na discoteca da estación, prepararemos sorteos, prexeccións, música....

DOMINGO 14 DE AGOSTO

Marcha Trail Party
(10:45 a 12:30)
Un paseo polos arredores de Manzaneda para pais e fillos. Unha boa oportunidade se sair xuntos coa Montain Bike. Un circuito sinxelo e divertido
Concurso de Disfraces (12:30 a 14:00)
E o fin de festa. Tes limite ata as 14:00 horas do domingo para aparecer coas tuas millores galas. Atrevete a facer unha baixada
Premios Concurso de Disfraces (14:00 horas)

No hay comentarios:

Publicar un comentario