31 ago 2011
MAÑA PABLO CORRE O CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR EN CHAMPERY
O corredor junior macedán do ACADEMIA POSTAL-ACTYON participará nos Campionatos do Mundo Junior na localidade suiza de Champery a partires das 15 horas; Pablo chega con moita ilusión a esta proba despois de ter realizado unha gran temporada e de ter xa pisado o podium nunha proba da copa do mundo ,concretamente ao ser 3º na proba da Republica Checa. Asi pois parte nesta proba con serias opcións , pero coa sensacion de ter realizado xa unha grandisima temporada que o situan entre os millores juniors do mundo. Pablo describe o circuito como un circuito tecnico polas numerosas raices que hay , pero asi mesmo manifesta que lle gusta e que seguro que se adapatara ben. O treito mais dificil e un cortado de mais dun metro que os corredores deben afrontar. Asi pois , xa so resta esperar que todo saia ben e sobre todo que Pablo e os que o acompañan poidan disfrutar dunha gran carreira.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario