JOSE RAMON VILLANUEVA , participou este sábado no III CIRCUITO BTT 12 HORAS na localidade coruñesa de Carballo. As 10 da maña dabase a saída, a esta proba de resistencia, e na que os corredores debían completar o maior numero de voltas nas 12 horas. A hora de remate eran as 10 da noite. J. Ramón, que participaba na modalidade de individual , era quen de completar 20 voltas a un circuito de 9k , rematando no 8º posto da xeral , e marcando a volta maís rápida de todos os participantes na sua 4ª volta con un tempo de 20´08". Segundo manifestaba o remate, volta a volta foise sentido millor , e eran nas ultimas voltas cando se atopaba millor.
J. RAMON continua asi a súa preparación de cara o galego de maratón , que terá lugar o vindeiro 10 de setembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario