4 jul 2011

MARCOS E PABLO , CAMPIONS GALEGOS DE BTT


Na tarde do sábado , nun circuito moi rápido ,e con unha gran número de participantes, disputaronse na localidade pontevedresa de Sanxenxo, os campionatos Galegos de BTT. Dos nove titulos que se puñan en xogo, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA acadou dous titulos, os de Junior con PABLO RODRIGUEZ, e o de cadete con MARCOS VILLAR. Ambos corredores dominaron as súas carreiras con absoluta autoridade, chegando a meta con unha boa renta sobre os seus rivais.
O clube macedán , convertiuse no maís laureado nestes campionatos , xa que ademais destes dous titulos, sumou catro medallas máis. Asi en juniors, conseguiu o triplete , xa que ademais de Pablo , subiron o podium , SAUL LOPEZ , como subcampión galego, e DAVID RODRIGUEZ , 3º clasificado. En sub23, J. RAMON VILLANUEVA, no seu primeiro ano na categoria, proclamouse subcampión galego, despois dunha gran carreira. En Master 40 XULIO CONDE , tamén foi subcampión galego.
Asi pois , un gran dia para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, nestes campionatos galegos, que ven a refreendar a gran temporada que esta a ter o clube macedán.
Agora, a seguinte cita importante estará dentro de 15 dias nos campionatos de España de BTT que se celebran na localidade madrileña de Becerril de la Sierra , para todas as categorias agas para a categoria cadete que será en Caspe (Zaragoza), pero antes , celebrarase en Maceda, organizada polo clube unha proba mais do Open Galego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario