18 jul 2011

SAUL LOPEZ 3º EN JUNIORS NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE BTT


Xa remataron os Campionatos de España de BTT , celebrados durante todo este fin de semán , na localidade madrileña de Becerril de la Sierra. Acudían estes campionatos un total de seis corredores de 5 corredores (J.Ramon Villanueva , Iago Garcia, Pablo Rodriguez, Saul López e David Rodriguez) do clube integrados na selección Galega, ademais de Xulio Conde que acudia como seleccionador. Na tarde do venres , comezaban os campionatos coa proba por equipos , na que participaban as diferentes seleccións autonomicas. A selección Galega, con J. Ramón Villanueva e Pablo Rodriguez ,daba a sorpresa e colabase entre os favoritos, acadando un importantisimo subcampionato detras de Cataluña e diante de Andalucia. Chegaba asi pois a primeira medalla , para os nosos corredores. Na tarde do sabado, Xulio remataba 11º na proba de Master 40. O prato forte chegaba na maña do domingo ,e abriase coa carreira de Sub 23 , na que J. RAMON VILLANUEVA, era 13º e IAGO GARCIA 21º, ambos no seu primeiro ano como sub 23. A continuación era a carreira dos junior, e na que o ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MACEDA, tiña máis opcións de medalla, e asi foi xa que o corredor SAUL LOPEZ, despois dunha gran carreira e de vir remontando, era finalmente 3º , acadando asi a medalla de bronce, e subindo asi pois por primeira vez a un podium nun campionato de España. DAVID RODRIGUEZ , era 20º ,facendo tamen unha gran carreira. O que tivo mala sorte , foi PABLO RODRIGUEZ, que partia como favorito a gañar, e asi se estaba confirmando na carreira, cando rodaba en 1ª posición e unha caida provocaballe unha averia, e impedialle continuar, tendo que abandonar.
Asi pois , balance positivo para o clube Macedán e os xovens ciclistas da canteira da ESCOLA JA HERMIDA con estas tres medallas.
Tamén a par celebranronse na localidade aragonesa, de Caspe, os campionatos da categoria cadete, estando ali presentes , MARCOS VILLAR, que rematou 11º e IVAN CONDE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario