27 jun 2011

I MINI BTT CHAN D´ARQUIÑA EN DOMAIO


Na maña do domingo os máis pequenos e pequenas do clube, os integrantes da ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA, acudían a DOMAIO, para participar nunha proba máis do OPEN GALEGO DE MINI BTT, nunha xornada de moito calor , e marcada polo gran numero de participantes. Disfrutaron dunha bonita xornada deportiva e festiva, acadando vairas posicións nos podiuns; asi XIANA CONDE vencia na proba de Infantis Feminas. En Alevins , IVAN FEIJOO era 2º e en Principiantes feminas, AIDA GONZALEZ era 3ª. Un total de 18 foron os corredores e corredoras da Escola que acudiron para participar na cita.

No hay comentarios:

Publicar un comentario