23 jun 2011

J.RAMON VILLANUEVA VENCE NO I G.P. BTT DE OLEIROS


Nunha xornada marcada polo calor, celebrouse o sábado , nos arredores das instalación do INEF , en Oleiros (A Coruña) o I GRAN PREMIO CONCELLO DE OLEIROS, proba puntuable para o OPEN GALEGO BTT -NOVACAIXAGALICIA; os corredores do ACADEMIA POSTAL -ACTYON-MACEDA voltarón a ter unha actuación moi destacada , xa que acadaron 4 victorias. Destacar a victoria de JOSE RAMON VILLANUEVA , na categoria Elite, con que se volta a meter de novo na loita polo maillot branco de lider do Open. J.Ramon, mantivo unha dura loita cos seus rivais Alejandro Mesias e Manuel Parada, a os que nas últimas voltas logrou distanciar.
Pero non foi J.Ramón , o único que acadaou a victoria para o clube macedán, xa que na categoria junior , foron tres os corredores do clube os que coparon o podium con PABLO RODRIGUEZ en primeiro lugar, SAUL LOPEZ , 2º e DAVID RODRIGUEZ 3º, amosando a fortaleza do clube nesta categoria. O 2º posto de SAUL, valialle para manter o maillot de lider do OPEN. En Cadetes , MARCOS VILLAR sumaba unha victoira máis , logrando sumar os puntos necesarios para situarse como lider do OPEN. E a cuarta vitoria chegaba en Master 40 de mán de XULIO CONDE.
Asi pois , gran xornada para o club macedán a unha seman dos CAMPIONATOS GALEGOS que se celebrarán o vindeiro fin de semán en Sanxenxo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario