Este fin de semán comeza a Copa de España de BTT en Madrid; serán un total de 5 probas repartidas nas seguintes datas:
20 de marzo en Madrid
17 de abril en Menorca
1 de maio en Huelva
15 de maio en Aviles (Asturias)
12 de xuño en Navaluenga (Avila)
A primeira cita terá lugar na Casa de Campo de Madrid, nun circuito emblemático , que xa foi sede en varias ocasións da Copa do Mundo; un trazado de 6 km sin grandes desniveis e rápido. O horario das probas e o seguinte:
9:30 saida categoría Master
11:00 saída categoría Cadete/Junior/Elite Femina
13:00 saída categoría Elite grupo Pro/Senior
Serán un total de 8 os corredores do clube macedán os que acudan a cita nas categorias de Elite (Iago e J. Ramón), Junior (Pablo, Saul e David) Cadetes (Marcos e Ivan) e Master (Xulio). As opcións de podium , estan depositadas nos corredores Pablo e Saul na categoria junior e Marcos na categoria cadete.
Destacar tamén a presencia na proba do actual campión do mundo de BTT , Jose A. Hermida, ademais dos millores especialistas españois e tamén corredores estranxeiros como o suizo Ralph Näf.
No hay comentarios:
Publicar un comentario