9 mar 2011

TRES PODIUMS EN MONTEFERRO




Comezou a tempada galega de BTT coa proba internacional de Monteferro, na que se deron cita máis de 250 corredores e corredoras, consolidandose asi como a proba máis importante do calendario galego; e non poido comezar millor para os corredores macedáns , xa que na categoria junior PABLO RODRIGUEZ vencia con claridade o actual campión portugues , Miguel Gaspar , que chegaba en 2ª posición o sprint con tamén corredor do clube, SAUL LOPEZ, que na sua estrea como corredor macedán acada un posto no podium. Na categoria cadete , MARCOS VILLAR , tamén subia o podium , no 2º lugar , so superado polo corredor de Benavente , Eduardo Ayusto. IVAN CONDE, non poido rematar a proba por rotura da cadea. En Elite Sub 23 , IAGO e J. RAMON estreabanse na dificil categoria e remataban no posto 31º e 42º , respectivamente. Asi pois ,gran comezo de temporada, para os integrantes do clube nunha proba de caracter internacional e que contaba coa presencia da selección absoluta portuguesa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario