Este sábado comeza unha nova tempada de BTT para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA na xa clásica proba de Monteferro , organizada polo Monteferrobikeclub. A proba que este ano terá caracter internacional C2 , e repartirá punto UCI, contará con unha numerosa participación , sendo importante a presencia de corredores e corredoras do pais veciño de Portugal.
Serán un total de 8 os corredores do clube que ata ali se achegan: Iago Garcia e Jose Ramon Villanueva, en Sub 23, Pablo Rodriguez e Saul Lopez en juniors, Marcos Villar e Ivan Conde en Cadetes. Ademais acompañaran alguns corredores Master 40 como Antonio Saa e Master 30 como Felix.
No hay comentarios:
Publicar un comentario