29 mar 2011

DUATLON ESCOLAR DE MACEDA


Este domingo celebrouse, un ano máis, unha nova edición do DUATLON ESCOLAR DE MACEDA , organizado polo noso clube. Os participantes , das categorias de Benxamíns, Alevíns, Infantís e Cadetes , tiveron que soportar unha maña moi chuviosa e con aire, o cal aumento a dificultade da proba. Ao remate da mesma organizouse unha carreira para os máis pequenos, Promesas, pondo final a unha bonita xornada deportiva. A vindeira cita , na disciplina de Duatlón terá lugar coa final provincial que se celebrara o domingo 10 de Abril en Carballiño.

26 mar 2011

TRIPLETE MACEDA NO GP VIGOBIKECONTEST -XII TROFEO CIDADE DE VIGO





Gran xornada para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MACEDA, no gran premio VIGOBIKECONTEST, celebrado esta tarde no monte Coruxo. Nunha xornada de auga e barro os corredores do clube macedán , conqueriron a victoria en tres categorias.
Destacar a victoria de IAGO GARCIA , na carreira Elite, que no seu primer ano na categoria conqueria unha importante victoria na categoria máxima. Na mesma proba J. Ramon , que tamén rodaba en posicións de podium tivo que abandonar por problemas mecánicos a falta dunha volta. En Juniors SAUL LOPEZ acadaba a victoria con unha importante ventaxa sobre o resto de participantes. DAVID RODRIGUEZ finalizaba 4º. En cadetes , MARCOS VILLAR vencia con gran autoridade, na mentras que o seu compañeiro de equipo, IVAN CONDE era 3º. O outro cadete ,RUBEN GARCIA era 7º.
Destacar a ausencia de PABLO RODRIGUEZ , que se atopa en Granada, concentrado coa selección Española.

25 mar 2011

DUATLON ESCOLAR DE MACEDA

Este domingo , a partires das 11:30 horas o clube ciclista Maceda, organiza un ano mais unha competición de DUATLON ESCOLAR, nos arredores do Campo de Futbol de Maceda , para as categorias de BENXAMINS, ALEVINS, INFANTIS E CADETES. Tratase dunha proba de caracter provincial.

ESTE FIN DE SEMAN, BTT E DUATLON ESCOLAR

O sábado BTT ;a cita será en Coruxo (Vigo) a partires das 17 horas, nunha carreira organizada polo clube RP3 de Vigo. A ela acudirán os corredores das categorias de Cadetes, Juniors , Sub 23 e Masters. Destacar a ausencia de Pablo , que se atopa en Granada na concentración da selección española no CAR de Granada. Os corredores macedáns tentaran repetir as boas actuacións das carreiras nas que levan participado. Ali estarán , Iago ,J. Ramon, Saul, David, Marcos, Ruben, Ivan e Felix.
O domingo tocaralle o turno os mais pequenos que competiran no DUATLON ESCOLAR que organiza o noso clube en Maceda, nos arredores do Campo de Futbol de Maceda, a partir das 11:30 e na que participaran as categorias de PRINCIPIANTES, BENXAMINS, ALEVINS , INFANTIS E CADETES.

21 mar 2011

PABLO 2º NA PRIMEIRA PROBA DA COPA DE ESPAÑA. SAUL 7º , EN JUNIORS E MARCOS 7º EN CADETES COMPLETABAN A GRAN ACTUACION DO ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACED


Este domingo comezou na Casa de Campo de Madrid, a Copa de España de BTT , con unha gran actuación dos corredores do clube macedán . Destacar o 2º posto de Pablo Rodriguez, en categoria junior , so sendo superado polo actual campion de España ,o anadaluz Antonio. Na mesma categoria, Saul Alvarez era 7º , despois , tamen dunha gran carreira, na que foi remontando posicións volta tras volta despois dunha mala saida. David Rodriguez era 27. En Cadetes, Marcos Villar tamén completaba unha gran carreira e remataba 7º, e Ivan Conde 27.
Na catergoria de sub 23 , Iago Garcia , no seu primer ano na categoria, remata ... na mentras que J. Ramon Villanueva non podia rematar , victima dunha caida. En master 40 , Xulio remataba 18.
Asi pois gran comezo de tempada ,para o clube maceda, ACADEMIA POSTAL -ACTYON, na sua estrea , na Copa de España situando a varios corredores entre os 10 primeiros en varias categorias , entre os millores a nivel estatal, conquerindo incluso un podiun na categoria junior , por medio de Pablo Rodriguez , que deste xeito continua a demostra que esta entre os millores corredores junior españois, na disciplina de BTT . Proba de elo e que ven de ser convocado de novo polo seleccionador español, para a acudir o vindeiro fin de seman a unha concentración da seleccion española no CAR de Serra Nevada.
Na categoria de Elite, o actual campión do mundo, Jose Antonio Hermida , era 5º despois de ter sufrido unha forte caida cando marchaba destacado en 1ª posición . Ao final da proba ,quixabase de molestias na sua muñeca esquerda.

17 mar 2011

ESTE FIN DE SEMAN COMEZA A COPA DE ESPAÑA DE BTT EN MADRID


Este fin de semán comeza a Copa de España de BTT en Madrid; serán un total de 5 probas repartidas nas seguintes datas:

20 de marzo en Madrid

17 de abril en Menorca

1 de maio en Huelva

15 de maio en Aviles (Asturias)

12 de xuño en Navaluenga (Avila)


A primeira cita terá lugar na Casa de Campo de Madrid, nun circuito emblemático , que xa foi sede en varias ocasións da Copa do Mundo; un trazado de 6 km sin grandes desniveis e rápido. O horario das probas e o seguinte:


9:30 saida categoría Master

11:00 saída categoría Cadete/Junior/Elite Femina

13:00 saída categoría Elite grupo Pro/Senior


Serán un total de 8 os corredores do clube macedán os que acudan a cita nas categorias de Elite (Iago e J. Ramón), Junior (Pablo, Saul e David) Cadetes (Marcos e Ivan) e Master (Xulio). As opcións de podium , estan depositadas nos corredores Pablo e Saul na categoria junior e Marcos na categoria cadete.


Destacar tamén a presencia na proba do actual campión do mundo de BTT , Jose A. Hermida, ademais dos millores especialistas españois e tamén corredores estranxeiros como o suizo Ralph Näf.

13 mar 2011

DOMINIO MACEDAN NA TRANSGALAICA DE PONTEVEDRA


O Academia Postal-Actyon-Maceda, dominou este domingo a 1ª proba da Transgalaica, celebrada na localidade pontevedresa de Verducido. Nunha proba, con un percorrido de 58 km, e na que participarón máis de 220 bikers , e na que a clasificación final da proba era absoluta ,sin diferenciar categorias , os corredores macedáns colocaban a 3 corredores entre os 4 primerios. Asi o vencedor absoluto da proba era o junior PABLO RODRIGUEZ , seguido do seu compañeiro de equipo, o sub 23 JOSE RAMON VILLANUEVA, co tamén corredor do clube, SAUL ALVAREZ na 4ª posicion. E de destacar a actuación dos corredores macedáns ,xa que sendo ainda de categoria junior lograban estes posto na clasificación absoluta, diante de corredores como os exprofesionais de estrada , da categoria de Marcos Serrano, Gustavo Cesar Veloso e Alejandro Magallanes. Esta era a primeira cita da Transgalaica 2011 , que consta de tres probas , todas elas en formanto maratón , e decir de longa distancia. A vindeira cita para os corredores macedáns será o vinderio fin de semán , xa na 1ª cita da Copa de España de BTT , na madrileña Casa de Campo. Asi pois, bo inicio de campaña, despois de ter vencido nesta proba e na do anterior fin de semán , na que tanto Pablo 1º , Saul 3º en juniors e Marcos Villar 2º en cadetes subian o podiun nunha proba de caracter internacional como e a de Monteferro.

11 mar 2011

O DOMINGO TOCA A TRANSGALAICA DE PONTEVEDRA


Este domingo , os corredores Sub 23 J. Ramon e Iago, e os Junior Pablo, Saul e David, asi como os Master, acudirán para participar na primeira proba da TRANSGALAICA 2011 , nos arredores do encoro de Verducido en Pontevedra. A proba , que consta dun percorrido de 58 km , esta organizada por Team Relay.

9 mar 2011

TRES PODIUMS EN MONTEFERRO




Comezou a tempada galega de BTT coa proba internacional de Monteferro, na que se deron cita máis de 250 corredores e corredoras, consolidandose asi como a proba máis importante do calendario galego; e non poido comezar millor para os corredores macedáns , xa que na categoria junior PABLO RODRIGUEZ vencia con claridade o actual campión portugues , Miguel Gaspar , que chegaba en 2ª posición o sprint con tamén corredor do clube, SAUL LOPEZ, que na sua estrea como corredor macedán acada un posto no podium. Na categoria cadete , MARCOS VILLAR , tamén subia o podium , no 2º lugar , so superado polo corredor de Benavente , Eduardo Ayusto. IVAN CONDE, non poido rematar a proba por rotura da cadea. En Elite Sub 23 , IAGO e J. RAMON estreabanse na dificil categoria e remataban no posto 31º e 42º , respectivamente. Asi pois ,gran comezo de temporada, para os integrantes do clube nunha proba de caracter internacional e que contaba coa presencia da selección absoluta portuguesa.

3 mar 2011

EMPEZA UNHA NOVA TEMPORADA DE BTT

Este sábado comeza unha nova tempada de BTT para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA na xa clásica proba de Monteferro , organizada polo Monteferrobikeclub. A proba que este ano terá caracter internacional C2 , e repartirá punto UCI, contará con unha numerosa participación , sendo importante a presencia de corredores e corredoras do pais veciño de Portugal.
Serán un total de 8 os corredores do clube que ata ali se achegan: Iago Garcia e Jose Ramon Villanueva, en Sub 23, Pablo Rodriguez e Saul Lopez en juniors, Marcos Villar e Ivan Conde en Cadetes. Ademais acompañaran alguns corredores Master 40 como Antonio Saa e Master 30 como Felix.