26 ene 2016

IVAN FEIJOO O 44 NA COPA DO MUNDO DE HOOGERHEIDE


Ivan Feijoo, finalizaba o 44 na Copa do Mundo de Hoogerheide, ultima proba antes dos Campionatos do Mundo que se celebran o vindeiro fin de seman en Zolder. Ivan, que non tiña unha boa saida, perdendo algunhas posicions. O carreira disputabase nun circuito con moito barro, facendose moi pesado e duro o rodar nel, e marcandose diferencias entre os corredores que estan mais adaptados a este tipo de carreiras e os que non. Ao final , Ivan remontaba algunhas posicions e finalizaba o 44, pero sobre todo, o mais positivo era ter corrido nun circuito de barro e nunhas condicions de dureza que ata esta carreira non tiña tido esta temporada, o que constitue un bo aprendizaxe de cara a vindeiras citas.

Clasificacions:
http://www.uci.ch/cyclo-cross/ucievents/2016-cyclo-cross-uci-cyclo-cross-world-cup/210701016/widgets/entries-start-lists-results-standings-172314/

IVAN FEIJOO CONVOCADO POLA SELECCION ESPAÑOLA PARA O MUNDIAL DE ZOLDER


Ivan Feijoo, despois da sua gran temporada, ven de recibir a convocatoria da selección Española para participar nos Campionatos do Mundo de Zolder, que se disputan o ultimo fin de xaneiro, na localidade belga de Zolder. Ivan ,que participara na categoria Junior, acude asi , a sua primeira cita mundialista, e e o terceiro corredor do noso clube en participar coa seleccion española nuns Campionatos do Mundo . Anteriormente o fixeran Pablo Rodriguez (en BTT e CX) e Brais Sendin (en BTT) . A expedición partira o vindeiro xoves dias 28 de xaneiro, e a sua carreira e o sabado 30.

11 ene 2016

IVAN FEIJOO SUBCAMPION DE ESPAÑA JUNIOR DE CICLOCROSS




Ivan Feijoo acadaba este domingo outro exito mais na sua corta fructifera carreira, ao acadar o subcampionato de España de Ciclocross na categoria junior, na localidade cantabra de Torrelavega. Ivan que partia como un dos favoritos para subir o podium, non defraudaba, e acadaba o subcampionato, nunha carreira marcada polo barro , nun circuito espectacular, e nunha loita de tu a tu co vasco Jokin Alberdi, que a apostre entraria vencedor. En Cadetes , a outra das opcions serias do noso equipo, Carlos Canal, realizaba unha gran carreira , sendo 5º despois de que unha caida, cando marchaba 1º , o apartara da loita pola victoria e polo podium. Ainda asi , Carlos completaba unha gran carreira. 
Do resto destacar tamen o 9º posto da cadete de 1º ano, Antia Martinez. 
Na proba de Team Relay, que de celebraba o venres , e na que tanto Ivan como Abel, formaban parte do combinado galego, Galicia era 4ª despois de ter sufrido unha saida de cadea , nos ultimos 100 metros, o ultimo relevo, Mauro, e cando tiñan practicamente asegurado o 3º posto.


4 ene 2016

IVAN, ABEL, ROMAN , ANTIA E CARLOS CA SELECCION DE GALICIA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CX EN TORRELAVEGA




Os corredores do noso equipo Ivan Feijoo, Carlos Canal e Roman Saa (juniors) e Antia Martinez , Carlos Canal (Cadetes) , acudiran formando parte da seleccion de Galicia, os Campionatos de España de Ciclocross, na localidade cantabra de Torrelavega que se celebraran os dias 8,9 e 10 de Xaneiro

VICTORIAS DE SAUL LOPEZ (ELITE), IVAN FEIJOO (JUNIOR) ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL (CADETES) NO VIII CICLOCROSS DE MACEDA








Ata catro victorias sumou o ACADEMIA POSTAL-ACTYON no VIII CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, ultima proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocross, diante do seu publico, nunha xornada marcada pola choiva e o barro. SAUL LOPEZ  dominaba a proba absoluta e acadaba unha importante victoria na categoria Elite. Raul Gonzalez era 3º en Sub 23. En juniors, o dominio era absoluto por parte de Ivan Feijoo, con un gran Abel Franco, 2º. Roman Saa , era 4º. En Cadetes, Carlos Canal daba outra victoria mais ao clube local. Hugo Vazquez era 9º. Antia Martinez, sumaba unha victoria mais na categoria cadete. Tamen Noela Saa acadaba a victoria na proba de promocion.
En M 40 Xulio era 5º, e Antonio Saa 18º, e en M50 J. Manuel 7º.


Clasificacions :
http://www.fgalegaciclismo.es/carrera/concello-de-maceda

Fotos:
https://plus.google.com/u/0/photos/+LuzIglesias/albums/6235649833714010481

28 dic 2015

ANTIA MARTINEZ, CARLOS CANAL E IVAN FEIJOO CAMPIONS DE GALICIA DE CICLOCROSS




Nos Campionatos de Galicia de Ciclocross de Ferrol , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON de Maceda, sumaba ata tres titulos. Asi en Categoria Cadete, Antia Martinez vencia entre as rapazas ,e acadaba o seu primeiro titulo autonómica neste seu primeiro ano na categoria. Entre os rapazes, vencia Carlos Canal, con autoridade, e sumando tamen o seu primeiro titulo. Hugo Vazquez era 10º.
En juniors, vencia Ivan Feijoo, refrendando o seu gran nivel, despois de gañar tamen a Copa de España. Roman Saa era 2º, asinando un bonito doblete. Abel Franco entraba e meta 5º a apenas 10 segundos do podium. En Elite Saul Lopez era 4º Elite, quedando as portas do podium. En Sub 23 , Raul Gonzalez 4º e Brais Sendin 5º , tamen quedaban as portas do podium. En Feminas Elite, Xiana Conde era 7ª.Na proba de promocion vencia Noela Saa. En Master, Xulio era 6º en M40, e Antonio Saa 2º. En M 50 Jose Manuel Gonzalez era 6º.  Asi pois exitosa xornada para o noso clube nuns campionatos de Galicia disputados en Ferrol sobre un bonito circuito.

Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/sites/default/files/todasclasificaciones_2_1.pdf

22 dic 2015

IVAN FEIJOO 25 NA COPA DO MUNDO DE CICLOCROSS JUNIOR DE NAMUR




Para Ivan Feijoo cumpriase este fin de seman un dos sonos de calquera ciclocrosman..o de poder participar nunha copa do Mundo de Ciclocross e mais en Belxica, en concreto na proba de Namur, tal vez un dos circuitos mais duros, e mais cando hai barro. E Ivan Feijoo, que viña de gañar a Copa de España non defraudaba, e a pesar de librar unha caida na saida, completaba unha moi boa carreira na sua primeira experiencia en Copa do Mundo. Entraba o 25, nunha carreira na que estaban presentes a maior parte das seleccions. Ivan adaptabase ben ao circuito, e volta a volta recuperaba postos, chegando a rodar nas ultimas volatas como o 12 millor tempo.

Resultados:
http://www.uci.ch/cyclo-cross/ucievents/2016-cyclo-cross-uci-cyclo-cross-world-cup/210701016/widgets/entries-start-lists-results-standings-172314/