Ivan Feijoo acadaba este domingo outro exito mais na sua corta fructifera carreira, ao acadar o subcampionato de España de Ciclocross na categoria junior, na localidade cantabra de Torrelavega. Ivan que partia como un dos favoritos para subir o podium, non defraudaba, e acadaba o subcampionato, nunha carreira marcada polo barro , nun circuito espectacular, e nunha loita de tu a tu co vasco Jokin Alberdi, que a apostre entraria vencedor. En Cadetes , a outra das opcions serias do noso equipo, Carlos Canal, realizaba unha gran carreira , sendo 5º despois de que unha caida, cando marchaba 1º , o apartara da loita pola victoria e polo podium. Ainda asi , Carlos completaba unha gran carreira.
Do resto destacar tamen o 9º posto da cadete de 1º ano, Antia Martinez.
Na proba de Team Relay, que de celebraba o venres , e na que tanto Ivan como Abel, formaban parte do combinado galego, Galicia era 4ª despois de ter sufrido unha saida de cadea , nos ultimos 100 metros, o ultimo relevo, Mauro, e cando tiñan practicamente asegurado o 3º posto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario