28 dic 2015

ANTIA MARTINEZ, CARLOS CANAL E IVAN FEIJOO CAMPIONS DE GALICIA DE CICLOCROSS




Nos Campionatos de Galicia de Ciclocross de Ferrol , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON de Maceda, sumaba ata tres titulos. Asi en Categoria Cadete, Antia Martinez vencia entre as rapazas ,e acadaba o seu primeiro titulo autonómica neste seu primeiro ano na categoria. Entre os rapazes, vencia Carlos Canal, con autoridade, e sumando tamen o seu primeiro titulo. Hugo Vazquez era 10º.
En juniors, vencia Ivan Feijoo, refrendando o seu gran nivel, despois de gañar tamen a Copa de España. Roman Saa era 2º, asinando un bonito doblete. Abel Franco entraba e meta 5º a apenas 10 segundos do podium. En Elite Saul Lopez era 4º Elite, quedando as portas do podium. En Sub 23 , Raul Gonzalez 4º e Brais Sendin 5º , tamen quedaban as portas do podium. En Feminas Elite, Xiana Conde era 7ª.Na proba de promocion vencia Noela Saa. En Master, Xulio era 6º en M40, e Antonio Saa 2º. En M 50 Jose Manuel Gonzalez era 6º.  Asi pois exitosa xornada para o noso clube nuns campionatos de Galicia disputados en Ferrol sobre un bonito circuito.

Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/sites/default/files/todasclasificaciones_2_1.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario