4 dic 2015
UNHA ETAPA DE "LA VUELTA A ESPAÑA 2016" SAIRA DE MACEDA
A nova saltaba esta semán, unha etapa de "La Vuelta" saira de Maceda, como asi o confirmaban no acto de presentación das etapas que pasaran pola provincia de Ourense, que este ano tera un protagonismo especial na Vuelta. Asi a Vuelta arrancara de Laias con unha crono de 28 km ata Castrelo de Miño. A segunda etapa partira de Ourense. A cuarta chegara a Luintra e sera a quinta etapa, a que saia de Maceda. No acto de presentación, celebrado en Castrelo de Miño, ademais do Presidente da Deputación de Ourense, estaba o director xeral de Unipublic, J. Guillen. No mesmo acto , o protagonismo era para o macedán Pablo Rodriguez Guede (MMR Pro Team) e hoxe un dos grandes referentes do ciclismo galego.
Esta nova constitue unha gran ledicia para toda a xente do CC Maceda, que despois de mais de 50 anos de existencia ve cumprida unha das suas ilusións, a de que unha dos grandes monumentos do ciclismo recale en Maceda. O ano 2016 semella que vai ser un ano con protagonismo do ciclismo macedan.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario