15 ene 2013
CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS NAVIA
Este fin de semán , tiveron lugar en Navia os CAMPIONATOS DE ESPAÑA de Ciclocross. Foi un fin de semán, pasado por auga e intenso, no que disputaron un total de 9 carreiras, e no que o noso clube tivo representación en 5 de elas. O que se preveia un fin de semán de disfrute e traballo, viuse, finalmente marcado pola nova que recibiamos na maña do sábado, da morte inesperada do pai do noso corredor SAUL LOPEZ, co que o campionato pasaba a un segundo plano.
Os campionatos abrianse , o venres coa carreira de Team Relay, na que Galicia era a 4ª , e na que vencían os anfitrions, a selección asturiana. Na maña do sabado tocaballe o turno os Master e as feminas.
A circuito estaba resbaladizo , polas choivas caidas en dias anteriores , pero non chegaba a estar embarrado. Na carreira de Master 40, Xulio era o 20 e Antonio Saa o 39. Na de M 50 , Jose Manuel remataba o 37. Chegaba a continuacion a carreira de feminas. A nosa representante , era a Femina Cadete, XIANA CONDE, que desta vez participaba ca selección galega. Partia ca intención de situarse entre as 5 millores , pero o final tivo que conformarse co 10º posto. Na tarde do sábado, na que a choiva xa fixo presencia , e as condicións do circuito cambiaron totalmente, correronse as carreiras de M30 e Sub23, sin representacion macedana. A xornada do domingo, abriase coa carreira de Cadetes, con ROMAN SAA , na grella de saida. O circuito presentabase moi embarrado. Roman, que participaba por primeira vez nuns campionatos de España , era o 49. Seguia a carreira de juniors con RAUL GONZALEZ, que sufria pinchazo e tiña que facer a pe medio circuito, entrando en meta o 26. Os campionatos pechabanse ca disputa da carreira do Elite, na que vencia o vasco, Aitor Hernadez.
Ponse asi punto e final a temporada de Ciclocross 2012-13 , no que se refiere a participación do noso clube en carreiras.
Este foi o cuadro de honra destes campionatos:
8 ene 2013
XIANA CONVOCADA POLA SELECCION GALEGA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA DE CICLOCROSS
A corredora cadete do noso clube, Xiana Conde, ven de ser convocada pola selección de Galicia, para participar este fin de semán nos campionatos de España de Ciclocross, que se celebraran na localidade asturiana de Navia. Asi pois, o noso clube , unha vez máis aportará corredores a selección galega.
A proba de feminas Cadete, correraseo sabado 12, a partir das 12:30 horas.
Ademais de Xiana , participaran nestes campionatos, mais corredores formando parte do noso equipo ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA.
7 ene 2013
XI MEMORIAL ANDRES MENDEZ DE CICLOCROSS, NAVIA
Este domingo, celebrouse en Navia, o XI Memorial de Ciclocross Andres Mendez, no mesmo circuito, que dentro dunha semán albergara os Campionatos de España de Ciclocross, polo que a presencia e o nivel de corredores/as foi importante, xa que era unha boa oportunidade para poder coñecer o circuito de cara a os proximos campionatos de España. O circuito modificouse totalmente, con respecto aos anos anteriores, sendo o novo , un circuito moi rápido.
Os corredores do noso equipo , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON participaron na proba, sendo Xiana Conde 6ª en Feminas Cadetes, Roman Saa o 12º entre os cadetes, Raul Fernandez o 14º en Juniors, Xulio Conde o 10º en M40 , Antonio Saa 22º en M40 e J. Manuel Gonzalez 11º en M50.
1 ene 2013
XIANA 3ª NOS CAMPIONATOS GALEGOS DE CICLOCROSS
Este domingo celebrouse en Moaña, o Campioanto de Galicia de Ciclocross , nun circuito marcado pola dureza e pola sua vistosidade , ao estar situado nunha campa, cunhas vistas realemente espectaculares sobre a ría de Vigo.
Nun circuito , moi pesado e con moito barro, os corredores e corredoras macedáns do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA, voltaron a casa , cun podium colleitado pola cadete femina , Xiana Conde, quen remataba no terceiro posto. O resto de corredores , estiveron a un bo nivel. Asi Roman Saa , era o 10º na categoria de Cadetes, Raul Gonzalez ,era o 6º entre os juniors, nunha gran carreira. Completaban a actuación os Master, con Xulio 10º entre os M40
Clasificacións completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1087_CLS_CAMPIONATO_GALEGO_CX.pdf
Fotos de Luz M. Iglesias:
https://plus.google.com/u/0/photos/114831358335341071162/albums/5827821280779967569
31 dic 2012
XIANA 7ª NO SUPERPRESTIGO DE PUENTE VIESGO
Este sábado remataba na localidade cantabra de Puente Viesgo, o Superprestigio de CX . A representación do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA corría a cargo de Xiana Conde, na categoria de Feminas Cadete, na que remataba no 7º lugar.
24 dic 2012
36º TROFEO DE CICLOCROSS VILA DE PORRIÑO
Este domingo, celebrouse a 36 edicion do Trofeo Vila de Porriño de Ciclocross, estreando circuito no Parque do rio Louro, polo que este ano non se celebrou no tradicional circuito do Velodromo.
A maña comezaba ca carreira de Cadetes e Feminas. En Cadetes, o representante do noso equipo , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA , era Roman Saa, que carreira a carreira vai amosando, como se vai afacendo ao ciclocross, nesta sua primeira temporada nesta especialidade. Entraba en meta no 8º lugar, pero cada vez mais perto da cabeza da carreira. En Feminas Cadete, Xiana Conde estaba de novo no podium, e era 3ª , nunha carreira na que se viu superada ademais de por Desiree Duarte, por Irene Trabazos. En juniors, Raul Gonzalez ,realizaba tamen unha gran carreira, sendo 7º na meta , pero entrando practicamente no mesmo tempo que o 5º. Tanto Raul, como Roman, sufriron sendas caidas.
Completaban a participacion macedán, os Master, con Xulio 9º, Antonio Saa 16º en M40 e Jose Manuel Gonzalez 4º en M50
18 dic 2012
V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA
PODIUMS DE XIANA, XULIO E JOSE MANUEL
Este sábado, día 15, organizamos en Maceda, o V CICLOCROSS CASTELO DE MACEDA, nos arredores do Castelo de Maceda. Despois duns dias previos de moita auga e temporal, a tarde presentouse, sen choiva, e o circuito practicamente seco e moi rápido. A participación foi alta , xa que a parte dos galegos habituais do calendario galego, estiveron corredores/as chegados de Portugal, Asturias, Zamora...
En canto ao público, tamén foi numeroso, o que ven confirmar que esta proba vaise convertindo como unha proba tradicional xa no calendario galego.
A primeria carreira en celebrarse , foi a de Feminas, en todas as categorias , e a de Cadetes. En feminas, a participación foi mais alta do habitual, xa que casi 15 rapazas tomaron a saida. A vencedora en Elite foi a actual campiona de España, Isabel Castro, en Juniors , a corredora de Cambre, Lorena Sanin, e en Feminas Cadete, a tamen campiona de España, Desiree Duarte. Destacar a 2ª posicion da corredora local, XIANA CONDE, na categoria de Feminas Cadete.
En Cadetes, o vencedor foi o corredor de Coruxo, Daniel Piñeiro, co corredor local , ROMAN SAA, en 10º lugar, despois de ter sufrido un pinchazo.
A seguinte carreira, foi a de Master. En Master 30 , vencia o corredor do Spol , e actual campión de España, José Rodriguez, co local J.MANUEL VAZQUEZ 12º. En Master 40 vencia o actual campión de Portugal, Antonio Sousa, co local XULIO CONDE, 3º, e ANTONIO SAA 11º. En Master 50 vencia Valeriano Carrera, co local J.MANUEL GONZALEZ 3º.
A ultima carreira en tomar a saida, era a de Elite-Sub23. Vencia na carreira o corredor de Salavaterra , Mauro Gonzalez. En Sub23, vencía o corredor local PABLO RODRIGUEZ (Hirumet), no que era a sua unica particpacion en CX , nesta temporada, e realizando unha gran carreira, diante do seu publico. IAGO SAA era o 17º. En juniors vencia nunha bonita carreira, resolta o sprint, o corredor do Spol , Angel Diz. O local RAUL GONZALEZ, era 5º despois de completar a sua millor carreira nesta sua 1ª tempada na categoria de Juniors. SERGIO MOVILLA era 14º.
Asi pois boa actuacíón dos integrantes do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA na súa carreira.
Destacar , tamén , que durante a carreira os máis peques da ESCOLA JA HERMIDA, puideron disfrutar dunha zona de Trial, montada por Pablo Atrio.
Con esta carreira , o CC Maceda, pecha as actividades organizativas neste ano 2012 , no que estivo a conmemorar o seu 25 aniversario.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1086_Clasificaci%C3%B3n.pdf
Fotos de Luz Maria Iglesias:
https://plus.google.com/photos/114831358335341071162/albums/5822573016201347665
Fotos de Luis Prado:
https://plus.google.com/photos/102642082525240937032/albums/5822302492399898353?banner=pwa

Suscribirse a:
Entradas (Atom)