7 ene 2013

XI MEMORIAL ANDRES MENDEZ DE CICLOCROSS, NAVIA


Este domingo, celebrouse en Navia, o XI Memorial de Ciclocross Andres Mendez, no mesmo circuito, que dentro dunha semán albergara os Campionatos de España de Ciclocross, polo que a presencia e o nivel de corredores/as foi importante, xa que era unha boa oportunidade para poder coñecer o circuito de cara a os proximos campionatos de España. O circuito modificouse totalmente, con respecto aos anos anteriores, sendo o novo , un circuito moi rápido.
Os corredores do noso equipo , o ACADEMIA POSTAL-ACTYON participaron na proba, sendo Xiana Conde 6ª en Feminas Cadetes, Roman Saa o 12º entre os cadetes, Raul Fernandez o 14º en Juniors, Xulio Conde o 10º en M40 , Antonio Saa 22º en M40 e J. Manuel Gonzalez 11º en M50.

No hay comentarios:

Publicar un comentario