Este fin de semán empezamos oficialmente unha nova tempada de BTT, e por partida dobre. O sábado comeza en Sanxenxo o OPEN GALEGO BTT-XCo co II TROFEO INTERRIAS organizado polo CC Corbelo. Este ano serán un total de 9 as probas puntuables para o Open Galego, rematando coa proba de Maceda. O domingo , na localidade navarra de Sangüesa comeza , tamén o OPEN DE ESPAÑA DE BTT-XCO, que este ano contará con un total de 5 probas puntuables. O noso equipo, o ACTYON -ACADEMIA POSTAL estará presente nas 2 probas, tendo que dividir os seus efectivos. Asi parte do equipo estará na proba do sabado, na mentras que o resto partiran o mesmo sábado cara Navarra.
Este ano, agardanos diante un calendario intenso, no que os obxectivos fundamentales son o Open de España , Open Galego, Campionatos de España e Galicia, asi como probas da Taça de Portugal. Para elo contamos con:
SUB 23- Saul Lopez Alvarez
JUNIOR FEMINA- Eva Alvarez Regueiro
JUNIOR- Marcos Villar Perez
JUNIOR- Raul Gonzalez Carracedo
JUNIOR- Ivan Conde Fernandez
JUNIOR - Sergio Movilla Feijoo
CADETE FEMINA-Xiana Conde Alonso
CADETE-Román Saa Crespo
Ademais varios corredores Master , acompañaran o equipo.
Dentro da nosa filosofia de apoio total a canteira, apostamos por corredores xoves, de categorias inferiores, formados na sua maior parte na nosa Escola. Incorporanse , con respecto o ano pasado, Roman Saa, que pasa de infantis, e a junior Eva Alvarez Regueiro, que ven do Monteferro Bike Club, e que atesora un moi bo palmares, xa que e unha corredora que xa ten victorias no Open de España.
Destacar, tamén que tamén contaremos con unha sección de DH, (Descenso) que participara no calendario galego , e tamen no portugues de Descenso:
SUB23- Iago Garcia Bua
SUB23- Marcos Ferreiro Sanchez
JUNIOR- Miguel Gomez Cid
Agradecer a todos os patrocinadores que , un ano mais , estan detras deste proxecto.
15 mar 2013
11 mar 2013
ESTREANDO INSTALACIONS CUBERTAS PARA ADESTRAR
Este fin de semán estreamos instalacións cubertas. O noso clube ven de recuperar parte das antigas instalacións da antiga Hipica Municipal, reconvertindoas nun Mini Bike Parque, o que nos vai permitir seguir traballando cos pequenos da Escola JA Hermida, incluso os dias de frio e choiva, xa que estas instalacións están cubertas, pechadas e iluminadas. Aínda queda moito por facer ata chegar a ter un lugar axeitado, pero co feito xa ten unhas condicions mínimas para poder adestrar. Agradecer a colaboración do Concello de Maceda para facer posible este proxecto, ao cedernos as instalacións e aportarnos material.
4 mar 2013
A JUNIOR EVA, 3ª NO XCO INTERNACIONAL VAL RANS (PORTUGAL)
A corredora junior EVA ALVAREZ REGUEIRO , que onte se estreaba co noso maillot participando no 4º XCO INTERNACIONAL VAL RANS , na localidade portuguesa de Penafiel, realizando unha gran carreira e sendo 3ª na súa categoría, e polo tanto subindo o podium. Eva, corredora que foi formada na gran canteira do Monteferro Bike Club, ven de incorporarse recentemente o noso equipo, co fin de proseguir a sua formación e participar asi nas millores probas de BTT a nivel Estatal. A incorporación de Eva, supon tamén un reforzo para a parte feminina do noso clube, que ata agora so contaba con unha corredora. Dende aca queremos agradecer o seu club de orixen, o Monteferro Bike Club todas as facilidades dadas e o apoio dado en todo momento a corredora.
1 mar 2013
O SABADO 2 DE MARZO EMPEZAMOS UN NOVO CURSO
O Sábado 2 de marzo a partires das 16:30 nos arredores do Castelo de Maceda, a Escola JA HERMIDA , comeza un novo curso, con novas ilusions e novos proxectos.... Si estas interesado e che gusta a bicicleta non o dubides, apuntate. Ou ben podes enviarnos un mail a ccmaceda@gmail.com ou virte xa directamente o sabado con nos. Esperamoste!!!
25 feb 2013
UN NOVO PROXECTO: ESCOLA CICLISMO PEREIRO DE AGUIAR
Xa van 8 anos dende que o noso clube puxera en marcha a ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA. Nestes dias estamos a por en marcha un novo proxecto de Escola. Esta vez, no cercano concello de O Pereiro de Aguiar, onde, e dentro do noso clube., o CC Maceda, arranca a ESCOLA DE CICLISMO O PEREIRO DE AGUIAR. Esta Escola , nace coa colaboración do Concello de O Pereiro de Aguiar e será dirixida por PABLO ATRIO , persoa que dende hai anos ven colaborando intensamente co noso clube e a nosa Escola, amosando a sua gran valía no traballo cos rapazes e rapazas.
Deste xeito os rapazes e rapazas do concello de O Pereiro, poderan achegarse e disfrutar do mundo da bicicleta. Para o noso clube, e moi importante e ilusionate, poder respaldar e apoiar este novo proxecto de canteira que se incia, gracias o apoio do Concello do Pereiro e a ilusion de xente como Pablo.
Asi pois ponse en marcha unha nova Escola de Ciclismo, dentro do noso clube, o que supón seguir apostando pola canteira.
MILLOR EQUIPO DE BTT XC NO ANO DO NOSO 25 ANIVERSARIO
IVAN CONDE GAÑADOR DO RANKING BTT XC 2012 EN CADETES
6 feb 2013
PORQUE ME GUSTA O CICLOCROSS?
Artigo publicado no Xornal O Sil do mes de febreiro 2013, escrito por Xiana Conde:
Son as 6 da maña dun domingo de decembro, e
soa o espertador, e hora de levantarse. Aínda e noite pecha e non para de
chover, vai unha temperatura baixa, e a auga e case neve. En media hora
sairemos cara Boiro. Toca unha carreira máis de Ciclocrós, e esta vez parece
que pasada por auga, así hai que almorzar forte e ben, que a maña vai ser longa
e coido que dura. Na mesa agárdame un bo almorzo
Son as 6:30 a.m. e xa estamos todos, arrancamos,
por diante quedan 2:30 h de viaxe en medio dunha noite pecha, o que
aproveitarei para durmir un pouco, iso si me deixan.
Son as 9 e estamos chegando a Boiro, e hora de
voltar a espertarse, esta vez , ca canción dos Suaves, A Dolores le llamaban Lola. Tras o cristais da furgoneta, vese como
sigue chovendo con forza, e non ten moitas pintas de parar, tamén vai algo de frío,
o fin e o cabo e Decembro.
Chegamos, e antes de nada hai que organizar
todo (Carpas, bicis, roupa,…..) xa que en hora e media estaremos correndo, pero
antes hai que darlle unha volta o circuíto para recoñecelo.
Son as 10:15 e apenas queda un cuarto de hora
para a saída, estou en riba do rolo, pedaleando , para entrar en calor , e dándolle
un repaso mental o circuíto. Hai barro, moito barro, e moita auga, ademais de algún
treito de área pola Praia. Neses momentos penso, “que bonito sitio para vir de
verán a Praia, pero hoxe ... “
Faltan 10 minutos e chámannos para a saída, a
auga e cada vez máis intensa. Somos case que 15 as rapazas que imos saír, e os
nervios son cada vez máis intensos. Dan a saída, comeza a carreira. Barro ,
auga, frío, área, …. e o que me espera durante 35 minutos. A carreira faise dura, moi dura. Ao final , o
esforzo merece a pena , e gaño.
A nosa carreira rematou, pero a maña non,
diante quedan outras dúas carreiras, e non para de chover. Son case que as tres
da tarde, e remata todo coa entrega de premios. Aínda nos queda recoller todo e
o viaxe de volta, xa sen nervios e sen sono, son o momento das bromas e das
risas, de contarnos o que pasou na carreira . As veces parece imposible ,que as
carreiras nos den para tantas aventuras.
Moitas veces , penso, como e que a unha rapaza
como eu, con 15 anos, lle poida gustar un deporte como o ciclocrós? Como pode
ser ? Co ben que estaría eu en cama un domingo ata as 11 ... e en cambio
prefiro mollarme e encherme de barro . Pois si, aínda que as veces poda dar
moita pereza, si que me gusta e si que o
disfruto . As veces semella, que canto máis duro e épico poida ser un deporte ,
máis nos guste e máis nos enganche e máis nos marque. Son moitas as
experiencias que vives, moitos os lugares que vas coñecendo , moitos os amigos
e amigas que vas facendo, en fin moitas máis cousas fan que o frío a choiva e o
barro queden simplemente reducidas a unha anécdota. E difícil de explicar ,
pero e así, e o sentir dunha persoa a que lle gusta o ciclocrós e que o
disfruta. Cando chegas a casa, e encendes o computador , empezas a ver as fotos
da carreira , e pensas “ufff, que bonita loucura, que ben o pasei...” Esta
temporada xa rematou, xa e un recordo, e xa estou esperando que chegue a
seguinte para voltar o barro, sobre todo para ver a todos eses amigos e amigas
que comparten comigo esta paixón por un deporte. E penso , que estas
experiencias ,non se esqueceran na vida...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





