Artigo publicado no Xornal O Sil do mes de febreiro 2013, escrito por Xiana Conde:
Son as 6 da maña dun domingo de decembro, e
soa o espertador, e hora de levantarse. Aínda e noite pecha e non para de
chover, vai unha temperatura baixa, e a auga e case neve. En media hora
sairemos cara Boiro. Toca unha carreira máis de Ciclocrós, e esta vez parece
que pasada por auga, así hai que almorzar forte e ben, que a maña vai ser longa
e coido que dura. Na mesa agárdame un bo almorzo
Son as 6:30 a.m. e xa estamos todos, arrancamos,
por diante quedan 2:30 h de viaxe en medio dunha noite pecha, o que
aproveitarei para durmir un pouco, iso si me deixan.
Son as 9 e estamos chegando a Boiro, e hora de
voltar a espertarse, esta vez , ca canción dos Suaves, A Dolores le llamaban Lola. Tras o cristais da furgoneta, vese como
sigue chovendo con forza, e non ten moitas pintas de parar, tamén vai algo de frío,
o fin e o cabo e Decembro.
Chegamos, e antes de nada hai que organizar
todo (Carpas, bicis, roupa,…..) xa que en hora e media estaremos correndo, pero
antes hai que darlle unha volta o circuíto para recoñecelo.
Son as 10:15 e apenas queda un cuarto de hora
para a saída, estou en riba do rolo, pedaleando , para entrar en calor , e dándolle
un repaso mental o circuíto. Hai barro, moito barro, e moita auga, ademais de algún
treito de área pola Praia. Neses momentos penso, “que bonito sitio para vir de
verán a Praia, pero hoxe ... “
Faltan 10 minutos e chámannos para a saída, a
auga e cada vez máis intensa. Somos case que 15 as rapazas que imos saír, e os
nervios son cada vez máis intensos. Dan a saída, comeza a carreira. Barro ,
auga, frío, área, …. e o que me espera durante 35 minutos. A carreira faise dura, moi dura. Ao final , o
esforzo merece a pena , e gaño.
A nosa carreira rematou, pero a maña non,
diante quedan outras dúas carreiras, e non para de chover. Son case que as tres
da tarde, e remata todo coa entrega de premios. Aínda nos queda recoller todo e
o viaxe de volta, xa sen nervios e sen sono, son o momento das bromas e das
risas, de contarnos o que pasou na carreira . As veces parece imposible ,que as
carreiras nos den para tantas aventuras.
Moitas veces , penso, como e que a unha rapaza
como eu, con 15 anos, lle poida gustar un deporte como o ciclocrós? Como pode
ser ? Co ben que estaría eu en cama un domingo ata as 11 ... e en cambio
prefiro mollarme e encherme de barro . Pois si, aínda que as veces poda dar
moita pereza, si que me gusta e si que o
disfruto . As veces semella, que canto máis duro e épico poida ser un deporte ,
máis nos guste e máis nos enganche e máis nos marque. Son moitas as
experiencias que vives, moitos os lugares que vas coñecendo , moitos os amigos
e amigas que vas facendo, en fin moitas máis cousas fan que o frío a choiva e o
barro queden simplemente reducidas a unha anécdota. E difícil de explicar ,
pero e así, e o sentir dunha persoa a que lle gusta o ciclocrós e que o
disfruta. Cando chegas a casa, e encendes o computador , empezas a ver as fotos
da carreira , e pensas “ufff, que bonita loucura, que ben o pasei...” Esta
temporada xa rematou, xa e un recordo, e xa estou esperando que chegue a
seguinte para voltar o barro, sobre todo para ver a todos eses amigos e amigas
que comparten comigo esta paixón por un deporte. E penso , que estas
experiencias ,non se esqueceran na vida...
No hay comentarios:
Publicar un comentario