15 mar 2013

EMPEZAMOS UNHA NOVA TEMPADA DE BTT EN SANXENXO E NAVARRA

Este fin de semán empezamos oficialmente unha nova tempada de BTT, e por partida dobre. O sábado comeza en Sanxenxo o OPEN GALEGO BTT-XCo co II TROFEO INTERRIAS organizado polo CC Corbelo. Este ano serán un total de 9 as probas puntuables para o Open Galego, rematando coa proba de Maceda. O domingo , na localidade navarra de Sangüesa comeza , tamén o OPEN DE ESPAÑA DE BTT-XCO, que este ano contará con un total de 5 probas puntuables. O noso equipo, o ACTYON -ACADEMIA POSTAL estará presente nas 2 probas, tendo que dividir os seus efectivos. Asi parte do equipo estará na proba do sabado, na mentras que o resto partiran o mesmo sábado cara Navarra.
Este ano, agardanos diante un calendario intenso, no que os obxectivos fundamentales son o Open de España , Open Galego, Campionatos de España e Galicia, asi como probas da Taça de Portugal. Para elo contamos con:
SUB 23- Saul Lopez Alvarez
JUNIOR FEMINA- Eva Alvarez Regueiro
JUNIOR- Marcos Villar Perez
JUNIOR- Raul Gonzalez Carracedo
JUNIOR- Ivan Conde Fernandez
JUNIOR - Sergio Movilla Feijoo
CADETE FEMINA-Xiana Conde Alonso
CADETE-Román Saa Crespo
Ademais varios corredores Master , acompañaran o equipo.
Dentro da nosa filosofia de apoio total a canteira, apostamos por corredores xoves, de categorias inferiores, formados na sua maior parte na nosa Escola. Incorporanse , con respecto o ano pasado, Roman Saa, que pasa de infantis, e a junior Eva Alvarez Regueiro, que ven do Monteferro Bike Club, e que atesora un moi bo palmares, xa que e unha corredora que xa ten victorias no Open de España.
Destacar, tamén que tamén contaremos con unha sección de DH, (Descenso) que participara no calendario galego , e tamen no portugues de Descenso:
SUB23- Iago Garcia Bua
SUB23- Marcos Ferreiro Sanchez
JUNIOR- Miguel Gomez Cid
Agradecer a todos os patrocinadores que , un ano mais , estan detras deste proxecto.


No hay comentarios:

Publicar un comentario