Aca vos deixamos un video do que é unha xornada de "adestramento" c@s peques da Escola JA Hermida. Como vedes o que se pretende e que xoguen e xoguen enriba dunha bici. Os Xoves e Sábados pola tarde, estamos en Maceda, nos arredores do Castelo de Maceda, disfrutando destas xornadas. Podedes acceder o video pulsando neste enlace:
http://www.youtube.com/watch?v=16vnGLhKdeM&list=HL1331899591&feature=mh_lolz
16 mar 2012
15 mar 2012
COMEZAMOS A TEMPORADA DE BTT GALEGA , EN MONTEFERRO
Este sábado comeza para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA de Maceda, a temporada galega de BTT, coa proba que se celebrará na tarde do sábado, a partir das 16 horas, en Monteferro , no concello de Nigran. Esta proba, puntuable para o rankin estatal da disciplina, e unha das xa clásicas do calendario, tanto galego coma estatal, e habitualmente ven contando con unha importante participación tanto de corredores estatais coma portugueses. O noso clube desprazara ata esta proba un total de 12 corredores e corredoras repartidos en varias categorias. Destacar que 5 de ellos seran cadetes e 3 sub 23; entre os cadetes os corredores con máis opcións, están Ivan Conde na categoria masculina e Xiana Conde na Femenina, sen esquecer a Raul Gonzalez, que nas ultimas probas da tempada de Ciclocross , xa viña amosando a súa adaptación a categoria. En Sub 23, estrearase na Categoria, Saul Lopez, que o ano pasado, obtivera o bronce nos campionatos de España Junior , e que nesta carreira tentara acadar unha boa posición na súa primeria carreira de BTT desta tempada . Outro corredor, que a destacar , e o Sub 23 Jose Ramon Villanueva ,que o ano pasado dominou a tempada galega nesta categoría , tanto en Rali como en Maraton, obtendo incluso unha medalla nos campionatos de España , a plata concretamente, na modalidade de Team Realy.
Asi pois, comeza unha nova tempada, con ilusións renovadas para o clube Macedán.
5 mar 2012
TAÇA DE PORTUGA LDE DIVERLANHOSO
Este domingo, comezou a temporada de BTT para o ACADEMIA POSTAL ACTYON MERIDA, coa proba da Taça de Portugal celebrada no parque de multiaventura de Diverlanhoso, en Povoa de Lanhoso, e na que tomaron a saída máis de 400 bikers repartidos nas diferentes categorias. Nunha xornada que se presentaba chuviosa, no seu inicio, e que logo deu paso a un dia de sol, a sorte non acompañou moito @s integrantes do clube macedán. A xornada comezaba cedo ca proba de masters, a continuación eran @s cadetes os que comezaban a carreira nun circuito embarrado. Ivan Conde , tiña que retirase por indisposición. Raul completaba unha boa carreira , rematando 24 e apuntando boas maneiras.Sergio, na súa primeira carreira de BTT era 35. A femina , Xiana era 8ª , tamén na súa estrea na disciplina de BTT. En Elite Sub 23 , nunha parrilla que superaba o centenar de participantes , Jose Ramon Villanueva era 43, con caida incluida. En master 40 Xulio era o 16º.
1 mar 2012
COMEZA UNHA NOVA TEMPADA DE BTT CA TAÇA DE PORTUGAL
Este fin de semán comeza oficialmente unha nova tempada de BTT para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON -MERIDA , coa sua participación na proba da TAÇA DE PORTUGAL na localidade de Lanhoso, nunha proba de carácter intenacional , e na que están inscritos case que 400 corredores e corredoras chegados de diferentes paises, por ser unha proba incluida no calendario da UCI. Será a primeira proba , de unha temporada , na que se prevee estar presentes nun total de 25 probas , e na que os obxectivos principais serán os Campionatos de España e Galego, asi como Open de España e Taça de Portugal. A plantilla , estara composta por un total de corredores repartidos entre as categorías de Cadetes (Ivan Conde, Raul Fernandez e Sergio Movilla) Cadetes Feminas (Xiana Conde) Junior (Marcos Villar e David Rodriguez) e Sub 23 ( Jose Ramón Villanueva, Saul Lopez e Iago Garcia), dirixidos por Xulio Conde. Destacar entre eles ós Sub23, Saul Lopez , 3º nos pasados campionatos de España Juniors ,subcampión Galego e vencedor do Open Galego, J. Ramon Villanueva, prata no Team Relai , con Galicia, Sub Campion Galego Sub23 e vencedor do Open Galego; o junior , nestes momentos recuperandose dunha lesión Marcos Villar, 3º na xeral da Copa de España Cadete e Campión Galego Cadete, o Cadete , Ivan Conde, corredor integrado no Centro de Tecnificación Deportiva, e a incorporación dos Cadetes Raul Fernandez, Sergio Movilla e Xiana Conde , procedentes da ESCOLA JA HERMIDA.
Asi pois , por diante, agarda unha extensa tempada , que terá os seus momentos máis alxidos no mes de Xullo, ca celebración dos Campionatos Galego e de España.
12 feb 2012
GALA DO CICLISMO GALEGO
Este sábado a Federación Galega de Ciclismo celebrou no auditorium de Cambados a Gala Anual do Ciclismo Galego, e entre os Galardonados deste ano, estiveron o noso Clube , que recibiu un recoñecemento polo traballo ca canteria da sua ESCOLA DE CICLISMO JA HERMIDA; tamén os seus corredores Marcos Villar, Saul Lopez e Jose Ramon Villanueva foron galardonados polos seus triunfos nos rankins de BTT , e ademais Marcos e Saul polos seus exitos nos Campionatos de España.
10 feb 2012
BALANCE DA TEMPADA DE CICLOCROSS
Xa rematada a temporada a temporada de Ciclocross , e hora de facer balance. Consideramos que a temporada foi boa a pesar dos infornutios sufridos no tramo final da temporada, na que dous corredores da importancia como Marcos Villar e David Rodriguez, sufriron sendas lesións que lle impediron finalizar a tempada. En cuanto ao resto destacar , que aínda asi ,3 corredores , Xiana Conde, Ivan Conde e Saul Lopez foron convocados para acudir coa seleccion galega aos Campionatos de España de CX en Gandía. Destacar tamén os cuatro podiums acadados nos Campionatos Galegos de CX , por Xiana Conde, Ivan Conde, Saul Lopez e David Rodriguez. Tamén destacar , que Xiana Conde , pisou o podium nunha proba da Copa de España, en concreto en Navia. Ademais desto acadaronse varias victorias en diversas probas ,como na Taça de Portugal con Ivan Conde, no Ciclocross Castelo de Maceda , con Saul Lopez e Xiana Conde, no ciclocross de Burgos con Xiana Conde, ademais de varios podiums máis. E por ultimo destacar os podiums en probas de caracter internacional como foi Villarcayo. Destacar a nova incorporación de novos corredores como Raul Gonzalez e Sergio Movilla e a presencia de corredores como Ruben Garcia .Asi pois , un bo balance, para os xovens corredores da canteira da ESCOLA JA HERMIDA.
RESULTADOS TEMPORADA CX 2011
Convocados coa Seleccion Galega CX:
Saul Lopez Alvarez
Ivan Conde Fernandez
Xiana Conde Alonso
Categoria Elite-Sub 23:
Saul Lopez Alvarez
3º Campionato Galego CX Sub 23
1º Ciclocross Castelo de Maceda
7º Ciclocross Internacional de Muskiz
16º Rankin Final RFEC CX
Categoria Juniors:
David Rodriguez Guede
3º Campionato Galego CX Junior
3º Ciclocross Porriño
5º Ciclocross Internacional de Karrantza
Marcos Villar Perez
11º Xeral Final Copa España CX Junior
5º Copa de España CX Puente Viesgo
Categoria Cadetes
Ivan Conde Fernandez
3º Campionato Galego CX Cadete
10º Xeral Final Copa España CX Cadete
3º Xeral Final Open Deputacion de Burgos
9º Rankin Final RFEC CX
1º Taça de Portugal CX Sobrado
1º Taça de Portugal CX Agueda
1º Ciclocross Castelo de Maceda
6º Copa de España CX Navia
6º Copa de España CX Gijon
Raul González Carracedo
5º Campionato Galego CX Cadetes
4º Ciclocross Castelo de Maceda
Xiana Conde Alonso
2ª Campionato Galego CX Cadete Femina
6ª Xeral Final Copa España CX Cadete Femina
3º Xeral Final Open Deputacion de Burgos
6ª Rankin Final RFEC CX
3ª Copa de España de Navia
1ª Ciclocross de Burgos
2ª Ciclocross Internacional de Villarcayo
2ª Taça de Portugal CX Sobrado
2ª Taça de Portugal CX Agueda
1ª Ciclocross Castelo de Maceda
3ª Ciclocross Internacional de Muskiz
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


