18 ago 2014

SAUL LOPEZ 2º NO VI BTT DE MACEDA NO PECHE DE TEMPORADA







A temporada galega de BTT , pechabase este venres ca proba de Maceda, o VI BTT de Maceda. E non lle poido ir mellor aos nosos e nosas, que sumaron ata un total de 4 victorias e 2 podiums. Asi Saul Lopez, o dominador do calendario galego de BTT, nunha gran carreira era 2º na proba raiña, a dos Elite, sendo so superado por un dos millores Sub 23 a nivel Mundial, o macedan do MMR Pablo Rodriguez. En feminas , a mais rápida, e vencedora, era Xiana Conde , na sua volta a competición despois de varios meses fora dela por lesion. En Juniors, o actual campión galego, Raul Gonzalez, vencia en casa, ao igual que en Cadetes, o imbatido en Galicia, esta tempada, Ivan Feijoo. Destacar tamén o 4º posto de Aaron e o 5º de Abel Franco, nesta mesma categoria. En Master 40 tamén había victoria con Xulio Conde. E en Master 50 Jose Manuel era 2º. A nota triste da xornada foi a lesion de Román Saa, que lle obrigou a pasar por quirofano. Desesarlle unha pronta recuperacion. E reseñar por ultimo o gran ambiente festivo vivido nesta proba e en todo o fin de seman en Maceda, nunha ponte, na que coincidiron o BTT e o Mini BTT de Maceda.....

No hay comentarios:

Publicar un comentario