2 ago 2014

EVA ALVAREZ SUBCAMPIONA DE ESPAÑA BTT XC SUB23. SAUL LOPEZ 5º EN SUB23




De gran balance podemos calificar a participación dos corredores e corredoras no noso clube nos Campionatos de España de BTT XC celebrados este fin de semán na localidade de Panticosa. EVA ALVAREZ proclamabase, nada menos e nada mais que subcampiona de España Sub23!!!, realizando unha gran carreira. Asi no seu primeiro ano na categoría, Eva subía ao podium nun campionato de España despois de ter sido o ano pasado campiona de España Junior, tamén en Panticosa.  Na carreira de chicos , vencía o macedan do MMR BIKE PRO TEAM, Pablo Rodriguez, e o noso corredor , SAUL LOPEZ, realizando tamén  unja gran carreira entraba en meta nun extraordinario 5º posto. En Juniors RAUL GONZALEZ era 20º, realizando tamen unha boa carreira. Na tarde do venres, celebrabase a proba por seleccions autonómicas , participando co combinado galego Raul Gonzalez , xunto con Pablo Rodriguez, Lucia Vazquez e Mauro Gonzalez, que entraron en meta en 5º posto despois do pinchazo sufrido por Mauro, na primeira volta e que os privou de loitar polas medallas.
Destacar tamen a victoria do noso Jose Antonio Hermida, na proba de Elite.
Asi pois gran balance nos campionatos de España de BTT XC...

No hay comentarios:

Publicar un comentario