19 jul 2013
EVA ALVAREZ CAMPIONA DE ESPAÑA JUNIOR DE BTT XC!!!!!!!!!!
A nosa corredora junior, Eva Alvarez ven de proclamarse brillantemente CAMPIONA DE ESPAÑA DE BTT XC , na localidade de Panticosa, nunha proba que domiñou claramente dende o principio, chegando a meta con unha ventaxe comoda. Eva, que estaba a realizar unha gran temporada, colleita asi un titulo importante , como e o de Campiona de España . A xornada voltou a ser inesquecible para o noso clube, xa que na mesma xornada, o corredor macedán , formado na nosa Escola JA Hermida, e hoxe no equipo frances BH SUNTOUR, gañaba por segundo ano consecutivo o campionato de España Sub 23, amosando que e un dos millores bikers de España. Tamén o "noso" Hermida proclamabase campion de España Elite, redondeando a xornada. Destacar tamen a gran carreira de Marcos Villar, que voltaba a estar entre os millores a nivel estatal, despois dun duro ano de recuperacion e entraba 7º despois dunha gran remontada. Na mesma proba, o seu compañeiro de equipo, Raul Gonzalez, no seu primeiro ano como junior remataba o 27º. Pena da averia sufrida por Saul Lopez , na carreira de Sub 23, cando despois dunha gran saida dende atrás, remontaba e xa estaba rodando entre os millores, pero a averia afastouno da proba.
Asi pois gran xornada e grandes campionatos de España para os nosos corredores, coa medalla por equipos para Marcos e o titulo de Campiona de España para Eva, formando parte dun combinado galego que codirixia Xulio Conde...... NORABOA!!!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario