XIANA CONDE 2º EN FEM. CADETE E SAUL LOPEZ 3º EN SUB23
Onte celebraronse na localidade pontevedresa de Gondomar, e organizados polo Biciverde, os Campionatos Galegos de BTT XC, nun circuito duro, de autentico BTT o dixeñado pola xente do Biciverde para a ocasion, e o que os corredores/as do CC Maceda, semellaban adaptarse perfectamente, vendo os resultados obtidos.
O junior MARCOS VILLAR, vencia con absoluta autoridade, na súa categoria, nunha carreira na que dominaba dende a saída e na que ademais rodaba a un gran nivel, amosando que xa se atopa totalmente recuperado das lesions que o ano pasado lle impediran apenas competir. Pena da averia do seu compañeiro , RAUL GONZALEZ que partia con grandes opcions de podium. A tamén junior, EVA ALVAREZ, támen vencia con autoridade, e con un amplo marxen, e sumaba un titulo mais na sua gran traxectoria.
En Feminas Cadete, XIANA CONDE , era 2ª , e polo tanto subcampiona galega.
Na carreira de Elite Sub23, SAUL LOPEZ, era 3º clasificado , realizando unha gran carreira , nunha proba na que vencía o macedán PABLO RODRIGUEZ. Pena da caida sufrida , por Saul , nos primeiros momentos da carreira , e que o retrasaron de saida, lastrandoo durante a carreira. Pero ainda asi, Saul amosaba un gran nivel.
Asi pois, gran xornada para os/as integrantes do ACTYON-ACADEMIA POSTAL-MERIDA , nestes campionatos galegos, nos que foron o equipo mais laureado, e que pon un broche final a unha gran tempada de BTT , a nivel galego. Agora so restan os Campionatos de España de BTT XC e a copa do Mundo de Vallnord.
Clasificacions completas:
http://www.fgalegaciclismo.es/doc/clasificaciones/1201_1_CATgeneral.pdf
No hay comentarios:
Publicar un comentario