2 nov 2011

CX INTERNACIONAL DE MUSKIZ


Onte martes chegaba a segunda cita para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA ,en terras vascas, esta vez na localidade vizcaina de Muskiz, nunha proba de caracter internacional para as categorias Junior, Sub23 e Elite. O circuito estaba situado en plena centro da localidade o que fixo que o público que presente nas distintas probas fora moi numeroso, como ven sendo habitual en todas as citas en Euskadi. A xornada comezou cedo ,as 9:15 coa carreira dos Cadetes. Ivan Conde, rodou sempre entre os 10 primerios, e o final entrou en meta na 7º posición, nun circuito resbaladizo polas choivas caidas durante a noite. Ruben Garcia, finalizaba o 20º. A continuación eran as feminas, e entre elas, Xiana Conde, que se adaptaba ben o circuito e mantiña unha bonita loita polas posicións do podium, sendo a 3ª entre as cadetes. En Master 40 Xulio era o 9º. En Juniors ,as cousas non foron como se podian agardar despois dos resultados de Karrantza, e David Rodriguez, que tan boa carreira fixera un par de dias antes, tiña un mal dia e  non daba entrado en carreira para rematar 14º. Marcos Villar viase afectado por un rebenton de roda, o que lle fixo perder moitas posicións para a partir de ahi ter que remontar e chegar o 25º, amosando a sua casta e non dandose por rendido. En Sub 23, Saul Lopez , facía a súa millor carreira da temporada, entrando 7º na meta, pero sobre todo dando sensación de fortaleza, e vendo que carreira a carreira vai millorando os seus resultados neste seu primer ano na categoria. Iago García ,que saia ben , ao final sufria molestias na espalda e remataba o 18º. Nesta carreira vencia o ex-corredor do clube, Pablo Rodriguez , con gran autoridade.
Asi pois fin de semán completo e intenso o vivido polos xovenes integrantes do clube en terras vascas coa súa participación en sendas probas de caracter internacional, e nas que destacaron. En un par de semáns comezaran en Xixon a Copa de España de Ciclocross.

No hay comentarios:

Publicar un comentario