14 nov 2011

COPA DE ESPAÑA DE CX EN NAVIA E XIXON


Fin de semán intenso, o vivido polo ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MERIDA en Asturias coa dobre cita da Copa de España de CX; o sábado a cita era no centrico parque dos Pericones, en Xixon, con máis de 400 participantes repartidos nas diferentes categorias. A xornada comezaba as 10:30 ca saída das carreiras de Master, e remataba as 15:30 ca carreira de Elite-Sub 23; nun circuito , sin barro, pero que todos coincidian en calificar como moi esixente fisicamente, polos numerosos repeitos que habia en cada volta, sin ninguna zona de descanso, os nosos corredores/as estiveron a un bo nivel. Asi na categoria de Cadetes, Ivan Conde era 6º e  Ruben Garcia 22º; a femina Xiana , non remataba a proba; en master 40 Xulio era 12º; en Juniors, David ero 11º e Marcos Villar o 15º; na carreira de Elite Sub 23 , Saul Lopez ,  era o 23º , sendo 7º entre os Sub 23.
O domingo a cita era en Navia, nun circuito xa clásico, non que toca rodar pola auga da ría. Este ano, a diferencia do ano pasado , o circuito estaba casi totalmente seco, o que provocou que se rodara a gran velocidade sendo carreiras moi rapidas. A participación de novo era moi numerosa, rondando os 400 participantes. A actuación voltaba a ser boa para os integrantes do noso clube. Xiana Conde , acababa o primeiro podium nunha proba da Copa de España para o noso clube neste ano, sendo a 3ª entre as cadetes. Na categoria masculina de Cadetes , Ivan Conde ,repetia o 6º , na mentras que Ruben Garcia era 20º; en Juniors, Marcos Villar era o 11º e David Rodriguez o 13º;e en Elite Sub 23, Saul Lopez era o 25º, 11º entre os Sub 23.
Destacar neste fin de semán, a parte do podium da cadete, Xiana Conde , na proba de Navia, a continuidade de Ivan Conde que esta a pelexar sempre con primeiros na súa categoria; en Juniors , a milloria de Marcos Villar, que segundo vai avanzando a temporada vaise achegando xa, neste seu primer ano na categoria, ao top10 , despois de ter demorado o seu inicio de tempada por unha lesion; David Rodriguez , tamén se esta amosando forte, pelexando tamén sempre por estar entre os 10 primerios, e realizando boas carreiras. Na categoria raiña, Saul Lopez, no seu primer ano ca categoria ,esta a amosar que carreira a carreira , vai atopandose moito millor , e asi nolo fixo ver en Xixon, acabando 6º entre os Sub 23, e realizando unha gran carreira a pesar de ter saido moi atras no pelotón e de ter que ir remontando toda a carreira. Este esforzo, pagouno na carreira de Navia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario