Podedes ver unha entrevista a Pablo realizada despois de rematar a carreira de Team Relay sobre o que opina sobre o circuito e como o ve de cara a carreira de maña no seguinte enlace
http://www.youtube.com/user/xulioconde?blend=5&ob=5#p/a/u/0/1cp2shWQD6E
31 ago 2011
MAÑA PABLO CORRE O CAMPIONATO DO MUNDO JUNIOR EN CHAMPERY

O corredor junior macedán do ACADEMIA POSTAL-ACTYON participará nos Campionatos do Mundo Junior na localidade suiza de Champery a partires das 15 horas; Pablo chega con moita ilusión a esta proba despois de ter realizado unha gran temporada e de ter xa pisado o podium nunha proba da copa do mundo ,concretamente ao ser 3º na proba da Republica Checa. Asi pois parte nesta proba con serias opcións , pero coa sensacion de ter realizado xa unha grandisima temporada que o situan entre os millores juniors do mundo. Pablo describe o circuito como un circuito tecnico polas numerosas raices que hay , pero asi mesmo manifesta que lle gusta e que seguro que se adapatara ben. O treito mais dificil e un cortado de mais dun metro que os corredores deben afrontar. Asi pois , xa so resta esperar que todo saia ben e sobre todo que Pablo e os que o acompañan poidan disfrutar dunha gran carreira.
25 ago 2011
VIDEO VII MINI BTT CASTELO DE MACEDA
Video da carreira de MiniBTT celebrada o pasado 20 de agosto de 2011 nos arredores do Castelo de Maceda polos mais pequenos e pequenas. Podedes velo no seguinte enlace:
CONVOCATORIA DE PABLO PARA O MUNDIAL"

Pablo foi convocado oficialmente pola Seleccion Espanola de BTT , para os CAMPIONATOS DO MUNDO DE BTT , que se celebran a vindeira seman na localidade suiza de Champery. Son un total de 13 os corredores de XC que acudiran a cita , nas diferentes categorias. Pablo partira o luns 29 cara suiza. A primeira competicion na que podera participar, sempre que o seleccionador o decida, sera a carreira por equipos ,que se disputara o mercores 31 de agosto a partires das 17 horas. A sua carreira, a de juniors , sera o xoves 1 de setembro a partires das 15 horas.
Esta convocatoria e o colofon a gran temporada que esta a realizar Pablo, e mais despois dos seus grandes resultados nas ultimas citas, sendo cuarto nos campionatos de Europa ,e tercerio e cuarto nas ultimas copas do Mundo.
A relacion de corredores e corredoras seleccionados por Cristobal Sanchez son
Elite. Jose Antonio Hermida, Sergio Mantecon, Carlos Coloma, Inaki Lejarreta, Ruben Ruzafa e Ivan Alvarez
Elite Feminas. Rocio Gamonal, Anna Villar e Sandra Santayanes
Sub 23. Cristofer Bosque e Jose Maria Sanchez
Juniors. Pablo Rodriguez e Antonio Santos
Mais informacion en
23 ago 2011
12 HORAS EN BICI DE CARBALLO

JOSE RAMON VILLANUEVA , participou este sábado no III CIRCUITO BTT 12 HORAS na localidade coruñesa de Carballo. As 10 da maña dabase a saída, a esta proba de resistencia, e na que os corredores debían completar o maior numero de voltas nas 12 horas. A hora de remate eran as 10 da noite. J. Ramón, que participaba na modalidade de individual , era quen de completar 20 voltas a un circuito de 9k , rematando no 8º posto da xeral , e marcando a volta maís rápida de todos os participantes na sua 4ª volta con un tempo de 20´08". Segundo manifestaba o remate, volta a volta foise sentido millor , e eran nas ultimas voltas cando se atopaba millor.
J. RAMON continua asi a súa preparación de cara o galego de maratón , que terá lugar o vindeiro 10 de setembro.
21 ago 2011
PABLO 4º NA COPA DO MUNDO DE VALDISOLE
Esta mañan, o noso corredor junior, PABLO RODRIGUEZ , voltaba a estar adiante nunha proba da COPA DO MUNDO de BTT, esta vez na localidade italiana de Val Di Sole, sendo 4 , e quedando as portas do podium. Pablo esta amosando unha gran regularidade nas grandes citas, si xa foi o gran dominador a nivel estatal, agora se esta afianzando entre os millores juniors do mundo; o seu 4º posto no Europeo, e o 3º e 4º postos das ultimas Copas do Mundo, asi o avalan.
Pablo , voltou a facer un gran carreira, e xa saiu nos postos de adiante. Segundo sinalaba o remate da proba , a primeira volta foi mais duras de todas, e pasou mal, pero ainda asi , pasaba 5º pola liña de meta, a partir de ahi , comezou a sentirse millor , e rodar moito mais solto, recuperandose, e chegando a marcar na terceira volta un ritmo mais rapido que a cabeza de carreira. Nesa volta xa pasaba 4º , posto , no que finalmente entraria na liña de meta pero a pouco mais de 30 segundo do 3º clasificado.
Con esta proba remata a Copa do Mundo de BTT, e agora xa so queda a gran cita do ano, os CAMPIONATOS DO MUNDO, en pouco menos de 15 dias, e en Suiza. Pablo , xa cumpliun este ano coa sua increible tempada; pero ten gañas e ira o mundial a por todas.
VII MINI BTT CASTELO DE MACEDA: FESTA
Este sabado o noso clube, organizaba o VII MINI BTT CASTELO DE MACEDA , con festa incluida , xa que o remate da mesma , os participantes e acompañantes disfrutaron nas instalacions das piscinas, da II FESTA DO MINI BTT GALEGO, con festa, cea, acampada, ....
Foron casi 120 os pequenos e pequenas os que disfrutaron dun bonito dia de bicicleta , nunha xornada moi calurosa, e no circuito diseñano nos arredores do Castelo de Maceda. Os triunfos para os integrantes da ESCOLA J.A. HERMIDA de man de Aida Gonzalez, Ivan Feijoo e Xiana Conde; pero tamen Breogan , Noela e Aixa subiron ao podium. Pero os resultados non foron o mais importante, si non a gran festa e xornada de convivio que viviron e disfrutaron entre todos.
18 ago 2011
ESTE DOMINGO PABLO NA COPA DO MUNDO DE VAL DI SOLE
Este domingo ,toca madrugar un pouco, xa que a partir das 9:30 horas poderemos seguir , a traves da web da UCI ,a carreira de Pablo , na copa do Mundo de Val di Sole, en Italia. E a ultima proba da Copa do Mundo desta temporada, e a ultima carreira antes dos Campionatos do Mundo que serén dentro dun par de semáns en Suiza. Pablo ,ven de quedar 3º na ultima proba celebrada da Copa do Mundo, a semán pasada, en Nove Mesto na Morave, e 4º nos Campionatos de Europa, polo que tratara de pelexar de novo por unha posición no podium. Val di Sole , e un circuito que Pablo xa coñece, xa que a temporada pasada xa correra na proba de Val di Sole, e onde consiguira o seu millor posto nunha proba da Copa do Mundo. Antes, e na tarde do sábado ,celebrarase a carreira de Elite , con Jose Antonio Hermida, actual campión do Mundo.
16 ago 2011
13 ago 2011
PABLO 3º NA COPA DO MUNDO JUNIOR DE NOVE MESTO NA MORAVE

Pablo, que viña de facer 4º no CAMPIONATO DE EUROPA a semán pasada, amosando xa o seu nivel de forma , partia con serias opcións de subir o podium; o circuito gustaballe, el atopáse millor que nunca, asi que todo parecía que iba a realizar unha gran carreira, e asi foi, rodou toda a carreira entre segundo e tercerio, pelexando man a man con belga Jens Shuermans, que viña de quedar campión de Europa, polo segundo posto. Diante o neozelandes Antoon Coper, que sorprenderaos de saída , abrindo un oco que o final deulle a victoria. Chegabase a ultima volta e finalmente Pablo era 3º , e soño cumpriase ,para este junior macedan do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA, e remataba subindo o podium. Agora, e sin celebracións, a pensar na vindeira carreira , unha nova COPA DO MUNDO, esta vez na localidade italiana de VAL DI SOLE, e sobre todo no mundial, para o que cada vez falta menos.
Para ver os resultados pulsa aqui:
12 ago 2011
11 ago 2011
COPA DO MUNDO BTT NOVE MESTO NA MORAVE

Este sábado a partir das 12:00 horas , o corredor junior PABLO RODRIGUEZ , estará presente , coa selección Española, na penultima proba puntuable para a Copa do Mundo de BTT , na localidade checa de Nove Mesto na Morave.
Despois da sua gran actuación , o fin de semán pasado ,no europeo de BTT , no que foi 4º , Pablo , tratara de aproveitar o seu excelente momento de forma, e tentara estar por primeira vez no podium nunha proba na Copa do Mundo. Pablo ,partira da 5ª posición na grella de saída, grazas aos seus bos resultados nesta temporada.
O corredor macedán que xa se atopa dende o luns na localidade checa, preparando a carreira deste sábado co resto de corredores e corredoras da selección Española, manifestou , que o circuito lle gusta e se adapta a súas condicións; trátase dun circuito técnico con subidas cortas , e moita raiz e pedra.
O domingo tocaralle o turno , a partir das 14:00 , o actual campión do Mundo ,e oriundo de Maceda, Jose Antonio Hermida.
Maís información da proba en:
MINI BTT MANZANEDA

Este fin de semán celébrase en Manzaneda , e organizado por SHERPA PROJECT, unha proba do calendario galego de MINI BTT, concretamente o sábado a partires das 16:30 horas. Pero non e a única actividade , xa que a xente de Sherpa, programou diferentes e divertidas actividades para todo o fin de semán, tanto para os participantes no MINI BTT , como no no BIKE PARK; O programa é o seguinte:
SABADO 13 DE AGOSTO
Mini BTT Manzaneda Bike Park (16:30 a 19:00)
CatEye Freeride Night Session (21:30 a 22:30)
Freeride nocturno. Non te esquezas de traer as luces de casa !!!!!.
Bike Party (Disco Galleira de 22:00 a 01:30)
Mini BTT Manzaneda Bike Park (16:30 a 19:00)
CatEye Freeride Night Session (21:30 a 22:30)
Freeride nocturno. Non te esquezas de traer as luces de casa !!!!!.
Bike Party (Disco Galleira de 22:00 a 01:30)
O sábado pola noite e na discoteca da estación, prepararemos sorteos, prexeccións, música....
DOMINGO 14 DE AGOSTO
Marcha Trail Party (10:45 a 12:30)
Un paseo polos arredores de Manzaneda para pais e fillos. Unha boa oportunidade se sair xuntos coa Montain Bike. Un circuito sinxelo e divertido
Marcha Trail Party (10:45 a 12:30)
Un paseo polos arredores de Manzaneda para pais e fillos. Unha boa oportunidade se sair xuntos coa Montain Bike. Un circuito sinxelo e divertido
Concurso de Disfraces (12:30 a 14:00)
E o fin de festa. Tes limite ata as 14:00 horas do domingo para aparecer coas tuas millores galas. Atrevete a facer unha baixada
Premios Concurso de Disfraces (14:00 horas)
8 ago 2011
CEA FESTAS DAS NEVES
MINI BTT CONCELLO DE MOS

Este sábado , celebrouse na localidade de Mos , unha nova edición do MINI BTT DE MOS; nunha maña chuviosa, o que permitiu aos máis pequenos do BTT "disfrutar" do barro, os mais pequenos do club colleitaron tres victorias, completando asi unha gran actuación.
Resultados:
PROMESAS: 4º Martin, 5º Pablo, 6º Breogan,14º Manuel,19º Alvaro
PRICIPIANTES: 1ª Aida,4ª Noela; 20º Alfredo.
ALEVINS: 1º Ivan,12º David,24º Manuel,26º Samuel
INFANTIS: 1ª Xiana, 6º Roman
6 ago 2011
PABLO 4º NO EUROPEO JUNIOR DE BTT!!!!!!!

O junior macedan PABLO RODRIGUEZ , ven de facer hoxe 4 nos campionatos de Europa de BTT que se estan a celebrar na localidade eslovaca de Dohnany. Nunha gran carreira Pablo estivo loitando en todo momento por un posto no podiun, para ao final rematar 4. Pablo, acadaba asi o seu millor posto nunha proba internacional, con este 4 posto. A victoria foi para o belga Jens Schuermans, seguido do britanico Grant Fergusson, e o frances Urruty. Pablo estivo pelexando toda a proba con Urruty polo terceiro escalon no podium. Pablo manifestaba o remate a sua tremenda satisfacion polo resultado e por estar tan preto do podium. Agora , as miras estan postas no mundial que se celebrara a principios de setembro en Suiza , pero antes debera disputar as duas ultimas probas da Copa do mundo en Italia e Republica Checa os vindeiros fins de semans. Tremenda ledicia , pois no clube macedan e na Escola de Ciclismo Hermida polo resultado do seu corredor
Suscribirse a:
Entradas (Atom)