Onte pola tarde , e no Concello de Maceda, con un salon cheo , o CC Maceda , presentou de cara a nova temporada 2011 , a súa Escola de Ciclismo que leva o nome de JA Hermida, actual Campión do Mundo de BTT e o seu equipo de BTT , ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA; nun acto que apadrianaron tanto OSCAR PEREIRO como GUSTAVO CESAR VELOSO ,e no quese fixo entrega o premio CHOCA DO ANO ,que anualmente concede o clube macedán a deportistas relacionados co mundo da bicicleta,e que este ano lle foi concecido a GUSTAVO CESAR VELOSO, sucedendo no palmares a campións como Ezequiel Mosquera, Gomez Noya, Oscar Pereiro, Marcos Serrano e o equipo Karpin. Deste xeito o clube macedán quixo recoñecer a traxectoria de Veloso que no ano 2009 faciase con unha victoria na volta a España.
Todos os integrantes da clube estiveron presentes no acto, asi como os patrocinadores e diversos representantes de estamentos como o Concello de Maceda, C.O.B,.... Durante o acto Oscar Pereiro destacou o importante traballo que esta a realizar este clube coa canteira coa que se atopa comprometido, acadando ademais importantes resultados a nivel estatal . Tamén se lle rendiu un pequeno homenaxe a os dous corredores locais, Pablo Rodriguez e Marcos Villar, pola sua victorias en Copa de España de Ciclocross, campionatos e subcampionato de España de ciclocross e polo 3º posto de Pablo nos estatais de BTT.
De cara a nova temporada, serán casi 40 os rapaces e rapazas que formaran parte do clube macedán , repartidos nas diferentes categorias, que van dende principiantes ata sub 23, o cal ven a dar unha idea do traballo deste modesto clube coa canteira do ciclismo, nas diferentes modalidades nas que ven participando con exito, tanto BTT, ciclocross, estrada e duatlon.
No hay comentarios:
Publicar un comentario