O clube macedán ACADEMIA POSTAL -ACTYON prosigue coa súa racha de victorias neste comezo de temporada de BTT; asi este fin de semán colleitou 4 victorias , vencendo en todas a carreiras nas que participou.
O sábado , na segunda proba puntuable para o OPEN DE GALICIA , celebrada na localidade pontevedresa de Poio, José Ramón Villanueva , vencia na categoria Élite, realizando unha gran carreira e marcando unha boa diferencia cos seus rivais. Na mesma proba , Iago García era 6º, pero mantiña o maillot de lider do Open Galego. En Juniors Saul López, vencia con total autoridade e gran marxe ,colleitanto unha nova victoria, e polo tanto , afianzabase como lider do Open. Na mesma categoria David Rodriguez tamén subía o podium , sendo 3º. En cadetes Marcos Villar ,tamén vencia , e o igual que o seus compañeiros de equipo ,mantiña o maillot branco que o identifica como lider do Open Galego. Ivan Conde era 4º.
Xa o domingo, chegaba a 4ª victoria neste fin de semán , e era nunha proba tan importante como na TAÇA DE PORTUGAL, de caracter internacional ,na localidade de Povoa de Lanhoso, e na que Pablo Rodriguez vencia con total autoridade na categoria junior, diante do actual campión portugues da especialidade.
Asi pois , exitoso fin de semán para a canteira macedán e da Escola J.A. Hermida , que continua a destacar naquelas probas nas que acude.
No hay comentarios:
Publicar un comentario