24 sept 2014

ABEL FRANCO 2º EN CADETES E VICTORIA DE AIDA EN ALEVINS. MARCO 3º.





Este domingo celebrabase en Marin e organizada polo CC Marin a penultima proba do calendario galego de Mini BTT. Foron unha veintena de corredores e corredoras da Escola JA Hermida, os que participaron nesta cita, na que se incluia ademais das probas de Escolas unha proba para cadetes. 
Destacar o gran nivel ao que estiveron todos os corredores e corredoras da Escola. Asi en cadetes , Abel Franco remataba 2º , amosando que proba a proba se vai afianzando xa nas posicions de cabeza da categoria. En infantis, Antia Martinez era 3ª. En Alevins, Marco Nube, subia tamen ao podium como 3º e Aida vencia en feminas. Os resultados completos foron :
CADETES
2º ABEL FRANCO

INFANTIS
4º CARLOS CANAL
13º HUGO VAZQUEZ

INFANTIS FEMINAS
3ª ANTIA MARTINEZ

ALEVINS
3º MARCO NUBE
6º MARTIN GONZALEZ
10º BREOGAN DIZ

ALEVINS FEMINAS
1ª AIDA GONZALEZ
4ª NOELA SAA
10º YAIZA PIÑEIRO

PRINCIPIANTES
21º ALVARO BARREAL
23º LUCAS PIÑEIRO
16º MAURO PEDRAS

PRINCIPIANTES FEMINAS
6ª SARELA CONDE

PROMESAS
17º HUGO FERNANDEZ
19º HUGO GONZALEZ

PREBENXAMINS
4º SAUL VAZQUEZ
7º ARTAI GAVILANES
15º MARCO VARELA
19º MATEO DIBUJA

7 sept 2014

MINI BTT DE CAMBRE : VICTORIA DE NOELA SAA EN ALEVINS



Iniciamos o mes de setembro coa participacion nunha das probas clasicas do calendario de Mini BTT, o Mini BTT de Cambre. Nunha xornada calurosa, e cunha participación elevada, os 16 corredores e corredoras da nosa Escola de Ciclismo tiveron unha destacada actuación , sobresaindo a victoria de Noela, moi pelexada, en Alevins, e o 3º posto de Saul Vazquez en Principiantes. Todos eles estiveron pelexando intensamente nas duas mangas, quedando varios de eles as portas do podium, e sobre todo disfrutando dunha xornada de bici.

1 sept 2014

51º GP MILAGROSA : AIDA E NOELA AS MILLORES EN ALEVINS





Na tarde do sábado disputouse no barrio da Milagrosa , en Lugo o 51º GP Milagrosa para Escolas, Cadetes e Junior. Destacar a actuacion das nosas feminas, que voltaron ser as millores en alevins, rematando Aida 1ª e Noela 2ª . En rapazes, gran carreira de todos eles con Martin 5º na liña de meta, Alexandre 10º e Marco Nube 12º. Da gusto ver como proba a proba se van adapatando a unha disciplina como e a de estrada.

20 ago 2014

I MINI BTT BEMBRIVE: ABEL FRANCO 3º CADETES, E VICTORIA DE AIDA EN ALEVINS



Este mercores, o CC Vigues, organizaba en Bembrive o seu primeiro Mini BTT, que a pesares de ser nun dia laborable contou cunha participación moi numerosa. Dos nosos destacar , o primeiro podium para Abel Franco, na categoria de Cadetes, rematando 3º na proba. En infantis, Carlos Blanco obtiña un 7º posto, e Antia, era 5ª entre as feminas. En alevins, Aida vencia entre as feminas, con Noela 4ª. Marco Nube era 4º entre os rapazes, e Martin Gonzalez 11º. En prebenxamins, Artai foi 3º, Saul 4º  e Iago Cruz 7º. Foron un total de 20 rapazes e rapazas da nosa escola os que participaron na proba, estando tod@s a un gran nivel. Noraboa a tod@s!!!

18 ago 2014

X MINI BTT DE MACEDA: A GRAN FESTA!!!



Fin de semán moi intenso o que nos tocou vivir este fin de semán en Maceda, ao coincidir o VI BTT e o X MINI BTT de Maceda, o que convirtui as instalacións das Piscinas Municipais, onde se celebraban ambas probas, nunha gran festa con actividades durante toda a ponte, e con acampada incluida. No Mini BTT foron case que 170 os nenos e nenas que participaron. Dos nosos destacar o victoria de Aida en Alevins e os podiums de Antia, Noela, Marco, Hugo e Saul. Pero sobre todo, destacar o gran ambiente festivo vivido, a acampada, a estrea do novo local, o xantar, a proxeccion de peliculas......en fin , un fin de seman para lembrar e repetir. Grazas a tod@s por participar e vir....

SAUL LOPEZ 2º NO VI BTT DE MACEDA NO PECHE DE TEMPORADA







A temporada galega de BTT , pechabase este venres ca proba de Maceda, o VI BTT de Maceda. E non lle poido ir mellor aos nosos e nosas, que sumaron ata un total de 4 victorias e 2 podiums. Asi Saul Lopez, o dominador do calendario galego de BTT, nunha gran carreira era 2º na proba raiña, a dos Elite, sendo so superado por un dos millores Sub 23 a nivel Mundial, o macedan do MMR Pablo Rodriguez. En feminas , a mais rápida, e vencedora, era Xiana Conde , na sua volta a competición despois de varios meses fora dela por lesion. En Juniors, o actual campión galego, Raul Gonzalez, vencia en casa, ao igual que en Cadetes, o imbatido en Galicia, esta tempada, Ivan Feijoo. Destacar tamén o 4º posto de Aaron e o 5º de Abel Franco, nesta mesma categoria. En Master 40 tamén había victoria con Xulio Conde. E en Master 50 Jose Manuel era 2º. A nota triste da xornada foi a lesion de Román Saa, que lle obrigou a pasar por quirofano. Desesarlle unha pronta recuperacion. E reseñar por ultimo o gran ambiente festivo vivido nesta proba e en todo o fin de seman en Maceda, nunha ponte, na que coincidiron o BTT e o Mini BTT de Maceda.....

9 ago 2014

GP ALBARIÑO: DOBLETE DE AIDA E NOELA EN ALEVINS





Este domingo tocou asistira a proba para estrada do GP Albaiño en Cambados, e os nosos, a pesar de estar en plenas festas de Maceda, parace que se adapataron ben. Asi Aida e Noela eran 1ª e 2ª entre as chicas na categoria de Alevins. En rapazes, Breo , acadaba un meritorio 5º posto. Para algun deles supuña a sua estrea nunha proba de estrada. Asi era o caso de Antia que era 6ª entre as rapazas infantis, e de Raul Gonzalez, que participaba en Junior rematando o 19º dentro do peloton.