30 may 2010

PABLO RODRIGUEZ GAÑA NA COPA DE ESPAÑA JUNIOR EN CANTABRIA


O domingo disputous a penúltima proba puntuable para a COPA DE ESPAÑA DE BTT na localidade cántabra de Cuevas del Soplao, e chegou , a primeira victoria para un corredor macedán nunha proba da importancia da Copa de España. Foi o junior PABLO RODRIGUEZ , quen en anteriores ocasións xa estivera a punto de acadalo, o que acadou tan importante victoria. Pablo, domiñou a carreira dende o principio e chegou a meta con unha renta de 2 minutos sobre os 2º clasificado. Con esta victoria Pablo , estáse consolidar como un dos mellores juniors do panorama estatal, no seu primeiro ano na categoría, despois de terse proclamado o ano anterio campión de España Cadete. Na mesma categoría IAGO GARCIA, sufriu un pinchazo que o fixo apartar dos 5 primerios postos nos que rodaba e co que finalmente rematou 14º. En master 40 , Xulio Conde foi 5º.

Fin de semán histórico para o CC MACEDA –ACADEMIA POSTAL-ACTYON , e en especial para o seu corredor PABLO RODRIGUEZ , coa victoria na proba da Copa de España de Cuevas del Soplao.

BTT VILAGARCIA, J.RAMON 2º MARCOS 3º


Este sábado disputouse unha nova proba do calendario galego de BTT na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa. Nunha proba, xa clásica no calendario galego os integrantes do CC Maceda que ata ali se desprazaron, acadaron uns bos resultados, destacando o 2º posto de J.Ramón Villanueva, na categoría de Juniors e o 3º posto de Marcos Villar en Cadetes. Nesa mesma categoría , David Rodriguez foi 4º.

24 may 2010

PABLO NA COPA DO MUNDO DE OFFENBURG


O corredor do CC Maceda, PABLO RODRIGUEZ, disputou este sábado a COPA DO MUNDO en OFFENBURG (Alemaña) coa selección española. Co handicap de ter que salir atras de todo, por non ter puntos no ranking, as opcions de Pablo para rematar en posicións dianteiras eran minimas, xa que neste deporte , a saída e fundamental, xa que logo remontar e moi dificil polo tipo de circuitos. Ainda asi Pablo logrou remontar e rematar no pto 66 . O domingo tocoulle o turno a JA HERMIDA , que rematou no 7º lugar o que lle significou perder o liderato da Copa do Mundo, pero sigue a manter todas as opcións de gañala.
A proxima cita para os corredores de Maceda , será o vindeiro fin de semán na COPA DE ESPAÑA en Cantabria.

MINI BTT DE SANTIAGO - COSTA VELLA


Este fin de semán os mais pequenos da Escola JA HERMIDA acudiron a 2ª proba puntuable para o OPEN GALEGO DE MINI BTT, celebrada no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. Foron mais de 200 os rapazes de todos os clubes galegos os que acudiron a unha cita marcada polo intenso calor. Os resultados acadados polos corredores e corredoras macedáns , voltaron a ser destacados, e asi o remate , tres corredores en diferentes categorias continúan a portar o maillot blanco que distingue os lideres do Open . Aida Gonzalez, en Promesas Feminas, Desiree Duarte, en Infantis Feminas e Ivan Conde en Infantis son os actuais lideres, e refrendaron os seus liderazgos con victorias nas suas categorias. Tamén destacar a actuación de Antia Gonzalez 3ª en Benxamins Feminas, Ivan Feijoo 3º en Alevins, na carreira sen dúbida, máis disputada de toda a tarde, e Xiana Conde 2ª en Infantis Feminas. En total foron case 20 os corredores de Maceda que acudiron a cita.

19 may 2010

PABLO RODRIGUEZ NA COPA DO MUNDO DE OFFENBURG (ALEMAÑA)


O corredor junior do CC Maceda , ven de ser convocado pola selección española para participar na proba da copa do Mundo de BTT ,que se celebra na localidade alemana de Offenburg. A proba celebrarase o sabado 22 a partires das 14:30 horas.

Asi pois continua a súa progresión e acudirá por primeira vez a unha proba da Copa do Mundo de BTT. Anteriormente xa tiña participado este ano no mundial de Ciclocross de Tabor.

18 may 2010

I MINI BTT MONTE CORUXO


Na maña do domingo, os máis pequenos da Escola de Ciclismo JA HERMIDA , acudiron Vigo, máis concretamente en Coruxo, onde se disputaba a 2ª do calendarion galego de MINI BTT, en no que participaron perto de 200 corredorres e corredoras de todos os clubes galegos. Os integrantes do CC Maceda tiveron unha actuación destacada con varias victorias , asi como outros lugares no podium , asi Aida Gonzalez venceu categoria femenina de Promesas , con Noela Saa , tamen do Maceda en 2º lugar. En Benxamins féminas Antia Gonzalez foi 2ª. En alevins Ivan Feijoo acadou a victoria con Roman Saa , tamen do CC Maceda en 2º lugar. En Infantis feminas, venceu Desidee Duarte , acompañada por Xiana Conde no 2º lugar, acadando asi un novo doblete para o CC Maceda . En en Infantis o vencedor foi o tamen corredor macedan Ivan Conde. O resto dos corredores e corredoras que acudiron aínda que non subiran ao podium, tamén tiveron unha actuación destacada, e sobre todo disfrutaron dunha bonita xornada de ciclismo, con festa final incluida. Parabens a xente do CC Coruxo.

3ª PROBA DO OPEN OFF BIKE EN POIO

O Sábado, pola tarde, na localidade pontevedresa de Poio, celebrabase a terceira e última proba puntuable para o Open Offbike, dentro do calendario galego de BTT. Os integrantes do conxunto macedán acadaron un 2º posto en Juniors con Pablo Rodriguez , e a victoria en Master 40 con Xulio Conde, proclamándose ambos corredores , vencedores finais da clasificación Xeral do Open OFFBIKE. Destacar tamé no 4º posto de J. Ramón e 5º de Iago García en Juniors, e o 5º de David Rodriguez e 8º de Iago Saa en Cadetes.