30 may 2010

PABLO RODRIGUEZ GAÑA NA COPA DE ESPAÑA JUNIOR EN CANTABRIA


O domingo disputous a penúltima proba puntuable para a COPA DE ESPAÑA DE BTT na localidade cántabra de Cuevas del Soplao, e chegou , a primeira victoria para un corredor macedán nunha proba da importancia da Copa de España. Foi o junior PABLO RODRIGUEZ , quen en anteriores ocasións xa estivera a punto de acadalo, o que acadou tan importante victoria. Pablo, domiñou a carreira dende o principio e chegou a meta con unha renta de 2 minutos sobre os 2º clasificado. Con esta victoria Pablo , estáse consolidar como un dos mellores juniors do panorama estatal, no seu primeiro ano na categoría, despois de terse proclamado o ano anterio campión de España Cadete. Na mesma categoría IAGO GARCIA, sufriu un pinchazo que o fixo apartar dos 5 primerios postos nos que rodaba e co que finalmente rematou 14º. En master 40 , Xulio Conde foi 5º.

Fin de semán histórico para o CC MACEDA –ACADEMIA POSTAL-ACTYON , e en especial para o seu corredor PABLO RODRIGUEZ , coa victoria na proba da Copa de España de Cuevas del Soplao.

No hay comentarios:

Publicar un comentario