4 jul 2015
DESTACADA ACTUACION DOS ALEVINS NO XXIV GP DE TEIS PARA ESCOLAS
Actuación destacada dos nosos alevins no XXIV GP de Teis, para Escolas de Estrada onde Breogan Diz era 2º, Alexandre Alvarez, 5º e Martin Gonzalez 8º , situandose polo tanto , os tres entre os 10 primeiros.
3 jul 2015
IVAN FEIJOO E ABEL FRANCO CA SELECCION GALEGO OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XCO CADETE
Ivan Feijoo e Abel Franco veñen de ser convocados pola Federación Galega de Ciclismo para acudir este fin de seman, do 11 e 12 de xullo, coa seleccion de Galicia para participar en Lorca , nos Campionatos de España de BTT XCO, categoria Cadete, e que se celebran dentro do que son so Xogos en Idade Escolar , organizados polo CSD.
29 jun 2015
PABLO RODRIGUEZ (MMR PRO TEAM) E LUCIA VAZQUEZ (PC QUINTENA) LEVANSE O CAMPIONATO GALEGO DE MACEDA.
Pablo Rodriguez (MMR Pro Team) cumpria todos os pronosticos e gañaba onte o Campionato de Galicia BTT XCO en Maceda, na sua casa, diante dos seus. Detras del entraba un gran Saul Lopez, outras das referencias do BTT Galego. Destacar, que a terceira posicion en Sub23 quedaba tamen en casa con Raul Gonzalez, completando asi un podium que se quedaba en Casa. En categoria de Feminas, tamen Lucia Vazquez cumpria os pronosticos e levabase a victoria.
En canto ao os nosos, Ivan Feijoo vencia con autoridade en Cadetes, na mentras que Abel Franco era 3º. En juniors, Brais Sendin tamen dominaba con autoridade, amosando o seu gran nivel. Roman Saa quedaba as portas do podium entrando en meta 4º. No que se refire ao resto de categorias , reseñar as victorias de Manuel Parada (Bogas) en Elite, Desiree Duarte en Feminas Junior, Sara Trigo, en Feminas Cadete, Diego Rey en M30, Bestillerio en M40 e Oscar Lorenzo en M50.
Destacable tamen foron os 153 biker que tomaron parte na proba....
28 jun 2015
BREOGAN DIZ VENCE EN ALEVINS NA 3ª VOLTA CONCELLO DE NEGREIRA
Na carreira de Escola disputada este sabado en Negreira, Breogan Diz colleitaba unha nova victoria na categoria de alevins, con Martin Gonzalez en 5º lugar.
24 jun 2015
O DOMINGO 28 OS CAMPIONATOS DE GALICIA BTT XCO EN MACEDA
Este domingo dia 28, disputaranse en Maceda, os Campionatos de Galicia BTT XCO , nos arredores das piscinas municipais de Maceda , e organizado polo noso clube, e a nosa Escola de Ciclismo JA Hermida, que este ano celebra o seu 10º aniversario, conxuntamente coa Federacion Galega de Ciclismo. A partir das 11 horas tera lugar a primeira das probas , a das categorias de M30, M40 e M50 e 60, Cadete Masculino e Cadete Femenino. As 12:30 sera a cita para as categorias Elite Masculino e Femenino, Sub23, Junior Masculino e Junior Femenino.
O percorrido duns 5 km transcurre polos arredores do rio estando a saida e a chegada nas piscinas municipais.
Destacar entre os favoritos a levarse os titulos e as medallas , ao macedan e actual lider da Copa do Mundo Sub23 , do MMR Pablo Rodriguez Guede, e o local Saul Lopez (ACADEMIA POSTAL-ACTYON) . Tamen nas categorias de Junior e Cadetes , os favoritos son os corredores locais Brais Sendín, en juniors, que lembramos, este ano finalizou 2º na xeral da Copa de España, e Ivan Feijoo, en cadetes, actual subcampion de España de Ciclocross de vencedor da Copa de España de Ciclocross.
Destacar tamen ,na categoria femenina que a principal favorita na categoria Elite, e a recente vencedora da Copa de España BTT XCO, Lucia Vazquez (PC Quintena), mentras que en Juniors, parte como favorita, Desireee Duarte, e en tanto que en Cadetes a favorita e Sara Trigo (Salvaterra).
Entre os nosos, a parte de Saul , Brais e Ivan, parten con opcions de medalla, Abel Franco (Cadetes) Felix Borrajo (Master40) , non descartando que algun outro corredor poida entra pola pelexa dunha posicion no podium.
As inscripcions realizaranse no mesmo lugar da saida ata 1 hora antes do comezo da primeira das probas, como e habitual nas probas de BTT do Open Galego.
22 jun 2015
BERNARDO LOSADA 3º SUB23 NO DH DE SANTIAGO
Bernardo Losada subia ao podium na proba celebrada este fin de seman no Monte do Pedroso de Santiago, ao finalizar 3º Sub23 (9º scrach) e colleitando asi , o primerio poidium para o noso equipo na disciplina de DH.
CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ SUMAN UNHA VICTORIA MAIS NO MINI BTT DE BENTAZOS
Tanto Carlos Canal , como Antia Martinez, sumaban este domingo unha victoria mais, nesta temporada de Mini BTT, na que estan a contar as sua participacions por victorias, na categoria Infantil. Carlos Canal dominaba a sua carreira , acompañandoo Marco Nube no podium ao finalizar 5º, e con Hugo Vazquez 6º, as portas do podium. Entre as chicas ,a victoria era para Antia Martinez, con Noela Saa 2ª , nunha carreira na que Antia , colleitaba unha axustada victoria frente a sua compañeira de equipo , que realizaba unha gran carreira. Aida Gonzalez era 4ª
En Alevins Bregoan Diz, era 2º e Martin Gonzalez 4º . Reseñar que entre as chicas Yaiza quedaba as portas do podium ao finalizar 6ª. Asi pois moi bo balance nesta nova e moi calurosa xornada de Mini BTT , que rematou na praia....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)








