24 jun 2015

O DOMINGO 28 OS CAMPIONATOS DE GALICIA BTT XCO EN MACEDA





Este domingo dia 28, disputaranse en Maceda, os Campionatos de Galicia BTT XCO , nos arredores das piscinas municipais de Maceda , e organizado polo noso clube, e a nosa Escola de Ciclismo JA Hermida, que este ano celebra o seu 10º aniversario, conxuntamente coa Federacion Galega de Ciclismo. A partir das 11 horas tera lugar a primeira das probas , a das categorias de M30, M40 e M50 e 60, Cadete Masculino e Cadete Femenino. As 12:30 sera a cita para as categorias Elite Masculino e Femenino, Sub23, Junior Masculino e Junior Femenino.
O percorrido duns 5 km transcurre polos arredores do rio estando a saida e a chegada nas piscinas municipais.
Destacar entre os favoritos a levarse os titulos e as medallas , ao macedan e actual lider da Copa do Mundo Sub23 , do MMR Pablo Rodriguez Guede, e o local Saul Lopez (ACADEMIA POSTAL-ACTYON) . Tamen nas categorias de Junior e Cadetes , os favoritos son os corredores locais Brais Sendín, en juniors, que lembramos, este ano finalizou 2º na xeral da Copa de España, e Ivan Feijoo, en cadetes, actual subcampion de España de Ciclocross de vencedor da Copa de España de Ciclocross.
Destacar tamen ,na categoria femenina que a principal favorita na categoria Elite, e a recente vencedora da Copa de España BTT XCO, Lucia Vazquez (PC Quintena), mentras que en Juniors, parte como favorita, Desireee Duarte, e en tanto que en Cadetes a favorita e Sara Trigo (Salvaterra).
Entre os nosos, a parte de Saul , Brais e Ivan, parten con opcions de medalla,  Abel Franco (Cadetes) Felix Borrajo (Master40) , non descartando que algun outro corredor poida entra pola pelexa dunha posicion no podium.
As inscripcions realizaranse no mesmo lugar da saida ata 1 hora antes do comezo da primeira das probas, como e habitual nas probas de BTT do Open Galego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario