9 dic 2013
VICTORIAS DE IVAN EN CADETES E XIANA EN JUNIORS EN BOIRO .RAUL 2º EN JUNIOR
Este venres celebrouse en Boiro unha nova proba do calendario galego de Ciclocross, nun circuito xa clasico no calendario galego, e que transcurre polo paseo maritimo e zona de praia., e que este ano cambio de sentido con respeto a anos anteriores. En cadetes, Ivan sumaba unha nova victoria, con Roman Saa en 4º lugar. En Juniors, Raul Gonzalez era 2º , na mentras que Xiana era 1ª na proba junior, sendo 3ª na xeral absoluta. Saul ,era 10º na carreira de Elite. En M 40 Xulio era 6º, e en M50 , 4º. Asi pois bo balance para @s nos@s
4 dic 2013
XIANA 8ª, IVAN 11º E RAUL 12º NA COPA FEDERACION CX DE NAVIA
O domingo 1, celebrouse en Navia (Asturias) unha nova proba puntuable para a COPA FEDERACION DE CICLOCROSS, no mesmo circuito que o ano pasado se celbraran os Campionatos de Espaaña. De moi boa se pode calificar a actuacion dos corredores/as do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, xa que IVAN FEIJOO era o 11º en Cadetes, e ROMAN SAA o 18º. XIANA CONDE era a 8ª en feminas junior e RAUL GONZALEZ o 12º en junior. En M40 Xulio finalizaba o 11º . Asi pois , moi bo nivel para a canteira macedan nunha proba de maximo nivel.
VICTORIA DE IVAN , E PODIUMS DE XIANA E ROMAN NO CX DE DUMBRIA
Este sábado, 30 de novembro, disputouse en Dumbria unha nova proba do calendario galego de Ciclocross, no mesmo circuito , no que a finais de Decembro vanse celebrar os Campionatos de Galicia de Ciclocross. A xornada foi moi boa para os integrantes do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, xa que en cadetes vencía IVAN FEIJOO, con ROMAN SAA en 3º lugar despois dun apretado sprint. En juniors, RAUL GONZALEZ , era 5º , nunha chegada tamén ao sprint, na loita pola 3ª posicion. En Feminas junior, XIANA CONDE era 2ª. Destacar a volta a competición de SAUL LOPEZ, que na proba de Elite finalizaba en 8ª posicion, sendo o 3º entre os SuB23, e amosando un bo nivel. En M50 Jose Manuel finalizaba 2º , e en M40 Xulio Conde era 4º, Antonio Saa era 18º.
26 nov 2013
VICTORIAS DE IVAN FEIJOO (CADETES) E XIANA CONDE (FEM JUNIOR) NO CX DE SANTIAGO
O domingo, 24 celebrouse en Santiago o XII Trofeo de Ciclocross de Santiago , organizado polo CC Compostelano, proba incluida no calendario estatal de Ciclocross. A xornada foi de novo moi positiva para @s integrantes do noso clube, acadando 2 victorias a de IVAN FEIJOO en Cadetes, e a de XIANA CONDE, en Feminas Junior. Ademais, ROMAN SAA foi 3º en Cadetes e RAUL GONZALEZ, 3º en Juniors. Jose Manuel Gonzalez foi 3º en M 50. Asi pois, unha gran xornada para a canteira macedán do ACTYON-MERIDA-ACADEMIA POSTAL, que tan boa tempada esta a facer dentro do calendario galego de ciclocross.
17 nov 2013
VICTORIA DE IVAN FEIJOO, E ROMAN SAA 2º EN CADETES NO CX DE O ROSAL. XIANA 2ª EN JUNIORS
Onte comezou en O Rosal a tempada galega de CX, nunha xornada soleada e primaveral, e na que os nosos tiveron unha actuacion moi destacada. Asi, en Cadetes, IVAN FEIJOO e ROMAN SAA , domiñaban a carreira, estando a un gran nivel , rematando 1º e 2º , e acadando asi , un bonito doblete. XIANA CONDE , era 2ª en Juniors. RAUL GONZALEZ, era 4º en juniors, entrando o sprint con 3º, e realizando tamén unha gran carreira. O ultimo podium da xornada chegaba en Master 40 con Xulio de 2º. Asi pois gran arranque de tempada para o noso clube, en Galicia.
12 nov 2013
IVAN 15º, RAUL 14º E XIANA 7ª EN ELORRIO
Este domingo disputouse en Elorrio, a 4º proba puntuable para a Copa Federacion de Ciclocross. As condicions da carreira foron de autentico ciclocross, con barro e auga, o que endureceron a carreira. Os nosos, estiveron a un bo nivel, asi en Cadetes, IVAN FEIJOO, que tan ben se esta adaptando a esta disciplina no seu primeiro ano, era 15º, nunha carreira accidentada, despois de ter sufrido unha dura caida a poucos metros da saída , que provocou que quedara ultimo e tivera que ir recuperando toda a carreira. Pero non so foi a caida, si non que ademais sufria un pinchazo a metade de carreira. Ao final un meritorio 15º posto. En Juniors RAUL GONZALEZ , tamén realizaba unha boa carreira e finalizaba o 14º. XIANA CONDE era 7ª en Feminas Junior. En Master 40 Xulio Conde era o 19º e en Master 50 Jose Manuel tamén era o 19º.
5 nov 2013
DOBRE CITA DA COPA FEDERACIONES EN LLODIO E MUSKIZ
IVAN FEIJOO 9º EN LLODIO, O MAIS DESTACABLE.
Este fin de seman, houbo dobre cita da COPA FEDERACIONES DE CX, en terras de Euskadi. O sabado 2, a cita era en Llodio, nun circuito seco, e cun dia soleado e de calor. Ata ala se desprazou unha ampla expedicion do noso clube , entre corredores e familiares. En cadetes, Ivan Feijoo, amosou o ben que se vai adapatando a esta disciplina e na sua segunda carreira de CX, e como cadete, remataba 9º . Roman Saa era o 31º. En juniors , Raul Gonzalez era o 24º, e en feminas junior Xiana Conde era a 8ª. En Master 40 Xulio era 21º e Antonio Saa 43º, na mentras que J. Manuel era o 27º en master 50 . Destacar os casi 400 corredores que tomaron parte nesta proba que foi presenciada por numerosisimo publico.
O domingo 3, a cita foi en Muskiz, organizada polos nosos amigos do Mendiz Mendi. A choiva caida durante a noite, embarrou o circuito. A maña presentouse soleada pero o circuito con barro. En Cadetes Ivan Feijoo voltaba a realizar unha gran carreira, rematando o 17º , despois de ter sufrido un par de caidas cando rodaba o 11º. Roman Saa finalizaba o 40º. En Juniors Raul tamén estaba a un bo nivel e era o 23º. Xiana Conde era a 10ª na categoria de Feminas Junior. En M40 Xulio era o 19º, Antonio Saa o 47º, e en M50 Jose Manuel o 26º.
A vindeira cita, o proximo fin de seman en Elorrio.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)
.jpg)